A Cidade da Xustiza de Vigo é un complexo administrativo xudicial da cidade de Vigo, no edificio que antigamente ocupou o Hospital Xeral.
A remodelación do edificio, deseñada polo arquitecto galego Alfonso Penela, conta cunha superficie construída de 38 418 m² e unha gran praza pública, que leva o nome de Miguel Ángel Blanco e na que se localiza o acceso principal. No alto do edificio construirase un biolo acristalado con forma de pirámide, de acceso privado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hospital Xeral de Vigo
Categoría:Arquitectura civil en Vigo