Roger Keith Crouch, nado en Jamestown (Tennessee) o 12 de setembro de 1940, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-83 e STS-94. Pasou un total de 19,67 días no espazo.

Traxectoria Crouch é graduado en física polo Instituto Politécnico de Tennessee en 1962 e é máster de ciencias e doutor de filosofía en física polo Instituto Politécnico de Virxinia en 1968 e 1971 respectivamente. Foi científico visitante do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts entre 1979 e 1980.

Participou nas misións STS-83 e STS-94 como especialista de carga.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-83 STS-94

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Tennessee