Eudosia Lorenzo Diz, nada en Fradalvite (Lobeira) o 14 de agosto de 1917 e finada no Departamento de Reunión o 16 de decembro de 2004, foi unha mestra galega.
Traxectoria Filla de Agustín Lorenzo Puga "Masidario" e Basilisa Diz González. Dende 1923 foi á escola da aldea de Chaos de Limia. Ingresou na Normal de Ourense en 1931 e rematou a carreira de mestre en 1935. Exerceu como mestra en San Xes de Vilariño. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse o 20 xullo nas terras de Castro Laboreiro co seu fillo e os seus pais. Dous anos despois fuxiron para evitar ser executados polos falanxistas. A familia foi detida no posto de Pêso en maio de 1938. Foi expulsada de Portugal o 10 de agosto. Estivo exiliada en Marrocos mais de 25 anos, onde casou cun francés en xuño de 1943.
En 1965 a familia emigrou a Aix-en-Provence, preto de Marsella. Despois da morte do seu home en 1992, continuou a vida cos fillos en Grenoble e Alfortville (París) e posteriormente no departamento de Reunión onde morreu en decembro de 2004. En 1999 foi reintegrada no maxisterio.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Le parcours d'Eudosia Lorenzo Diz et de ses parents refugiés et cachés au Portugal de 1936 à 1938.
Ligazóns externas Eudósia: a refugiada galega que Castro Laboreiro escondeu
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Marrocos Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Lobeira Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes