Didunculus strigirostris, coñecida na bibliografía internacional como pomba naumeana ou, simplemente, como naumeana, é unha especie de ave a orde das columbiformes e familia dos colúmbidos, endémica das illas de Savaii e Upolu (Samoa), que está considerada como especie en perigo de extinción pola UICN.BirdLife International (2018): Didunculus strigirostris na Lista vermella da UICN.
É o único representante actual do xénero Didunculus,Didunculus Peale, 1848 no ITIS. e non se lle recoñecen subespecies.Didunculus strigirostris (Jardine, 1845). no ITIS.
Unha especie extinta relacionada, Didunculus placopedetes, só se coñece a partir de restos subfósiles en varios sitios arqueolóxicos en Tonga.
É a ave nacional de Samoa, e aparece nos billetes de 20 tālā e nas moedas de 50 sene (céntimos) das series 2008/2011 do país.
Características
É unha pomba de tamaño medio, que mide ao redor de 31 cm de longo, co peteiro grande e curvado en forma de gancho, de cor vermella intensa, coa mandíbula inferior serrada. A plumaxe é de tons escuros, aínda que as patas e a carúncula que ten ao redor dos ollos son vermellas. A cabeza, o pescozo e as partes inferiores son de cor agrisada escura, cunha lixeira iridescencia verde azulada, e a cola e as plumas cobertoiras das ás e as terciarias son de cor parda avermellada, mentres que o resto das remeiras son mouras. Ambos os sexos teñen un aspecto similar, pero os xuvenís son de tons máis discretos, coa cabeza apardazada e o peteiro negro, con algo de cor alaranxada na base.
Taxonomía e sistemática miniatura|240px|Ilustración no seu hábitat, de Gustav Mützel, 31 de decembro de 1881. miniatura|240px|Didunculus strigirostris taxidermizado.
A especie probabelmente foi encontrada en outubro ou novembro de 1839, pola expedición de exploración dos Estados Unidos ao mando do comandante Wilkes. O descubrimento da ave foi anunciado por Hugh Edwin Strickland en setembro de 1844, como unha das rarezas obtidas por Titian Peale, o naturalista da expedición. A descrición formal foi feita por William Jardine en Ann. Nat. Hist. Xvi. páx. 175, lámina 9, baixo o nome de Gnathodon strigirostris, pero o nome do xénero xa estaba en uso para un molusco. miniatura|esquerda|220px|Ilustración de John Gould, baseada en espécimes taxidermizados. A especie non ten parentes próximos vivos, pero se demostrou que é xeneticamente achegado ao dodo.Shapiro, B.; Sibthorpe, D.; Rambaut, A.; Austin, J.; Wragg, G. M.; Bininda-Emonds, O. R. P.; Lee, P. L. M.; Cooper, A. (2002): "Flight of the Dodo" (PDF). Science 295 (5560): 1683. e o nome no xénero, Didunculus, quere dicir "pequeno dodo".Rauzon, Mark J. (2007): "Island restoration: Exploring the past, anticipating the future" (PDF). Marine Ornithology 35 (2): 97–107.
A estrutura da mandíbula e da lingua, e o peteiro superficialmente similar ao dun papagaio suxeriron unha relación cos psitácidos, pero estas características xurdiron da súa dieta especializada, pero sen ningunha relación real con estes.
O seguinte cladograma, de Shapiro e os seus colaboradores (2002), mostra as relacións máis achegadas destas pombas con dentes facturados dentro dos colúmbidos, un clado formado por especies endémicas de illas que xeralmente habitan no solo.
Un cladograma similar publicouse en 2007, diferenciándose só na colocación invertida de Goura e Dicunculus, así como na inclusión da pomba faisán (Otidiphaps nobilis) e da pomba terrestre de peteiro groso (Trugon terrestris) na base do clado.Pereira, S. L.; Johnson, K. P.; Clayton, D. H. & Baker, A. J. (2007): "Mitochondrial and nuclear DNA sequences support a Cretaceous origin of Columbiformes and a dispersal-driven radiation in the Paleogene". Systematic Biology 56 (4): 656–672.
Distribución e hábitat A pomba naumeana está confinada nos bosques primarios de Samoa no Pacífico, onde viven desde o nivel do mar até os 1 600 m de altitude, e tamén de ven nos bordos dos bosques, ao longo de camiños forestais e ás veces visitando claros onde permanecen árbores nativas.<ref name=B>Beichle, U. (1987): "Lebensraum, Bestand und Nahrungsaufnahme der Zahntaube, Didunculus strigirostris·. Journal für Ornithologie 128''': 75-89.</ref> Os seus hábitats naturais inclúen a selva tropical de Savaii Central, a reserva Tafua, a baía de Fagaloa - zona de conservación de Tafia Uafato na illa de Upolu e a illa de Nuulua.
Bioloxía Pouco se sabe sobre a bioloxía e a ecoloxía da especie, pero crese que se alimenta das sementes de Dysoxylum ssp. (árbores da familia da caoba) usando a para a factura dos froitos o seu pouco usual peteiro para accederen a elas a través do pericarpo duro e fibroso, alimentándose tamén doutros froitos carnosos. Manuscritos dos anos 1800 suxiren que os pitos están confinados no chan do bosque. Porén, a localización dos niños (nunha árbore ou no chan) aínda non está confirmada.
Os bicos dos xuvenís non son aptas para abriren sementes, e é plausíbel que se alimenten no chan até que se desenvolvan os seus peteiros.Collar, N. J. (2015): "Natural history and conservation biology of the tooth-billed pigeon (Didunculus strigirostris): a review". Pacific Conservation Biology 21 (3): 186-199.
Status Debido á perda do seu hábitat nos últimos tempos, a súa área de dispersión limitada, o pequeno tamaño da poboación, a caza e os ciclóns ocasionais, así como o probábel impacto das especies introducidas como porcos, cans, ratos e gatos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía á especie como EN (en perigo crítico de extinción) no seu Libro vermello. As enquisas suxiren que o número dos seus efectivos é crítico, e que de 70 a 380 individuos sobreviven na natureza e actualmente non hai poboacións en catividade.Tooth-billed Pigeon Didunculus strigirostris en Birdlife International. Data Zone.
Non se avistaron espécimes xuvenís durante as enquisas recentes até o avistamento dun só xuvenil nas terras baixas de Savaii durante unha enquisa realizada polo Ministerio de Recursos Naturais e Medio Ambiente de Samoa. É moi probábel que a mortalidade dos polos sexa alta, e que a poboación observada sexa unha poboación envellecida de aves adultas. As accións para salvar esta especie probabelmente requiran programas de educación para a conservación para reducir o risco de caza, e o coñecemento da bioloxía da poboación e as razóns do descenso actual. É probábel que o control da poboación por ratas e gatos sexa crítico, así como a continua deforestación e desaparición dos bosques primarios.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hume, J. P. & Walters, M. (2012): Extinct Birds. Londres: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-5725-1. Newton, Alfred (1893–1896): A Dictionary of Birds. Londres: Adam & Charles Black. Tyrberg, T. (2009): "Holocene avian extinctions". En Turvey, S. T., (ed.) Holocene extinctions''. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-953509-5.
Outros artigos Colúmbidos Rafinos
Ligazóns externas Jeremy Hance (4 de marzo de 2013): Extinction warning: racing to save the little dodo from its cousin’s fate . Didunculus strigirostris na ADW. Didunculus strigirostris (Jardine 1845) na EOL. Tooth-billed Pigeon Didunculus strigirostris en Birdlife International. Data Zone.
Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Samoa Categoría:Animais descritos en 1845