O pobo bribri constitúe un dos grupos étnicos máis numerosos de Costa Rica.Notes on the Bribri of Costa Rica (Museum of the American Indian, Heye Foundation, 1920). Aínda que a distribución dos pobos autóctonos costarriqueños antes da conquista non é moi coñecida, si se ten certeza de que tanto os bribris como os cabécares estaban asentados na cordilleira de Talamanca. O sistema social baseábase nos cacicados. O relixioso Bernardo Thiel calculou que a poboación bribri sumada á cabécar alcanzaba uns vinte e sete mil indíxenas á chegada dos conquistadores europeos, pero outros estimaron que a poboación era máis numerosa.
Tamén existe un grupo de 300 persoas asentados en Panamá e que abrangue nove comunidades na provincia de Bocas do Toro, fronteiriza con Costa Rica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pobos indíxenas de Costa Rica Categoría:Pobos indíxenas de Panamá