Dame Frances Margaret Anderson, nada en Adelaida o 10 de febreiro de 1897 e finada en Santa Barbara o 3 de xaneiro de 1992, foi unha actriz británica de orixe australiana coñecida como Judith Anderson, que tivo unha carreira de éxito no teatro, no cinema e na televisión. Foi unha destacada actriz teatral do seu momento e gañou dous premios Emmy e un premio Tony, ademais de ser candidata ao Grammy e ao Oscar. Está considerada unha das grandes actrices clásicas do século XX.
Traxectoria Primeiros anos Frances Margaret Anderson naceu en 1897, a máis nova dos catro fillos de Jessie Margaret (de solteira Saltmarsh; 19 de outubro de 1862 – 24 de novembro de 1950), antiga enfermeira, e do escocés James Anderson Anderson, prospector pioneiro. Asistiu a unha escola privada, Norwood, en que acabou a súa educación antes de graduarse.
Debutou profesionalmente como Francee Anderson en 1915, interpretando a Stephanie no Teatro Real de Sydney, en A Royal Divorce. Á fronte da compañía estaba o actor escocés Julius Knight ao que logo recoñeceu como quen lle deu as súas habilidades interpretativas. Apareceu ao seu lado en adaptacións de The Scarlet Pimpernel, The Three Musketeers, Monsieur Beacauire e David Garrick. En 1917 fixo unha xira por Nova Zelandia.
Anderson era ambiciosa e quixo deixar Australia. Moitos dos actores locais marchaban a Londres, pero a guerra facíao máis difícil e decidiu ir aos Estados Unidos.Dame Judith Anderson: Living, Working Legend - Smith, Cecil. Los Angeles Times (22 de abril de 1985: g2.) Viaxou a California, pero non tivo éxito logo de catro meses e mudouse a Nova York, coa mesma falla de éxito. Tras un período de pobreza e enfermidade, atopou traballo na Emma Bunting Stock Company no Fourteenth Street Theatre en 1918–19. Entón marchou de xira con outras compañías.
Éxito Debutou en Broadway con Up the Stairs (1922) á que seguiu The Crooked Square (1923) e logo marchou a Chicago con Patches (1923). Apareceu tamén en Peter Weston (1923) que tivo unha breve traxectoria.
Un ano despois cambiou o seu nome artístico a Judith e logrou o seu primeiro triunfo coa obra Cobra (1924) coprotagonizada con Louis Calhern, que tivo 35 representacións. Despois pasou a The Dove (1925) que tivo 101 funcións e a estableceu definitivamente en Broadway.THE STORY OF JUDITH ANDERSON New York Times 15 Feb 1925: X2.
Anderson debutou no cinema nunha curtametraxe para Warner Bros., Madame of the Jury (1930), e debutou na longametraxe cun papel en Blood Money (1933). Con todo, centrouse en Broadway: Come of Age (1934) e Divided By Three (1934).Judith Anderson Excels in Play Chapman, John. Chicago Daily Tribune, 25 de xaneiro de 1952: a10.
Recibiu un forte pulo na súa carreira cando foi contratada para o filme Rebecca (1940), de Alfred Hitchcock. O filme foi un éxito comercial e de crítica e Anderson foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria.
Vida privada Anderson casou dúas veces e declarou que "ningunha experiencia foi unha feliz vacación":Billy J. Harbin, Kim Marra, and Robert A. Schanke, The Gay & Lesbian Theatrical Legacy (University of Michigan Press, 2005), páx. 29 Benjamin Harrison Lehmann (1889–1977), profesor inglés na Universidade de California en Berkeley;Benjamin Harrison Lehman, English; Dramatic Art: Berkeley (1889-1977), Professor of English, Emeritus profile, consultado o 19 de agosto de 2014. casaron en 1937 e divorciáronse en agosto de 1939. Por este matrimonio tivo un enteado, Benjamin Harrison Lehmann, Jr.Decennial Report: Harvard University, Class of 1911 (Four Seas Company, 1921), p. 245Langston Hughes, Joseph McLaren, and Arnold Rampersad, The Collected Works of Langston Hughes, páxina 392 Luther Greene (1909–1987), produtor teatral; casaron en xullo de 1946 e divorciáronse en 1951.
Complete filmography
Madame of the Jury (1930, curtametraxe) Blood Money (1933) - Ruby Darling Rebecca (1940) - Mrs. Danvers Forty Little Mothers (1940) - Madame Madeleine Granville Free and Easy (1941) - Lady Joan Culver Lady Scarface (1941) - Slade All Through the Night (1942) - Madame Kings Row (1942) - Mrs. Harriet Gordon Edge of Darkness (1943) - Gerd Bjarnesen Stage Door Canteen (1943) - ela mesma Laura (1944) - Ann Treadwell And Then There Were None (1945) - Emily Brent The Diary of a Chambermaid (1946) - Madame Lanlaire The Strange Love of Martha Ivers (1946) - Mrs. Ivers Specter of the Rose (1946) - Madame La Sylph Pursued (1947) - Mrs. Callum The Red House (1947) - Ellen Morgan Tycoon (1947) - Miss Braithwaite The Furies (1950) - Flo Burnett Salome (1953) - Queen Herodias Macbeth (1954, telefilme) - Lady Macbeth Os dez mandamentos (1956) - Memnet Cat on a Hot Tin Roof (1958) - Big Momma Pollitt The Moon and Sixpence (1959, telefilme) - Tiare A Christmas Festival (1959, telefilme) - Narradora da ofrenda final Cradle Song (1960, telefilme) - The Prioress Macbeth (1960, telefilme) - Lady Macbeth Cinderfella (1960) - Wicked Stepmother Don't Bother to Knock (1961) - Maggie Shoemaker The Ghost of Sierra de Cobre (1964, telefilme) - Paulina Elizabeth the Queen (1968, telefilme) - Raíña Isabel I The File on Devlin (1969, telefilme) - Elizabeth Devlin A Man Called Horse (1970) - Buffalo Cow Head The Borrowers (1973, telefilme) - Aunt Sophy The Underground Man (1974, telefilme) - Mrs. Snow The Chinese Prime Minister (1974, telefilme) - She Inn of the Damned (1975) - Caroline Straulle Medea (1983, telefilme) - Nurse Star Trek III: The Search for Spock (1984) - Vulcan High Priestess The Booth (1985, telefilme) Impure Thoughts (1985) - The Sister of Purgatory
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dame Judith Anderson papers, at the University of California, Santa Barbara Library; consultado o 19 de agosto de 2014. Dame Judith Anderson prompts , na páxina da National Library of Australia; consultado o 19 de agosto de 2014.
Categoría:Nados en Adelaida Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de teatro de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Finados por pneumonía