Walter Burley Griffin, nado en Maywood o 24 de novembro de 1876 e finado en Lucknow o 11 de febreiro de 1937, foi un arquitecto estadounidense, famoso por deseñar xunto á súa esposa Marion Lucy Mahony a cidade de Camberra, destinada a ser a nova capital de Australia.

Traxectoria esquerda|miniatura|Proxecto final aceptado para a cidade de Camberra (Australia). Walter era o maior de catro fillos de George Walter Griffin, un axente de seguros, e Estelle Griffin. A súa familia mudouse a Oak Park e despois a Elmhurst durante a súa infancia. De neno interesouse moi pronto polas paisaxes e os xardíns e os seus pais permitíronlle arranxar ao seu gusto o xardín da súa casa en Elmhurst. Griffin fixo os seus estudos superiores no Oak Park High School. O deseñador de paisaxe O.C. Simonds convenceuno para estudar unha carreira de arquitectura.

Recibiu o seu título de arquitecto na Universidade de Illinois en 1901, aprobou a licenza de llinois que lle permitía a práctica privada como arquitecto e comezou a traballar como empregado con Frank Lloyd Wright no seu estudo de Oak Park, permanecendo alí ata 1905, momento en que se foi logo dunha disputa sobre ser remunerado polo seu traballo con divisa xaponesa no canto de moeda norteamericana, xusto despois de que Wright regresara do Xapón. Mentres traballaba con Wright coñeceu a Marion Lucy Mahony, persoa responsable de variadas modelaxes de perspectivas de edificios nos traballos de arquitectura de paisaxe de Wright, e casou con ela en 1911. Tralo matrimonio, Mahony comezou a traballar con Griffin.Marion Mahony en www.pbs.org

Abriu o seu propio despacho, concentrándose primordialmente en encargos residenciais. Eventualmente contratou os antigos empregados e colegas de Wright, Francis Barry Byrne e Harry Robinson. En 1912 Griffin gañou un concurso para deseñar a nova cidade capital Camberra en Australia. El e Marion viaxaron cara a Australia en 1913 para supervisar o deseño e a construción da nova capital, xunto con outros encargos que Walter recibira á parte. Deixou a Francis Barry Byrne administrando a oficina de Chicago, mentres que Marion dirixía unha oficina en Sydney e Walter se atopaba a cargo do despacho en Melbourne.

Walter exerceu a arquitectura durante vinte e un anos en Australia antes de partir cara a Lucknow (India), para deseñar a Biblioteca da Universidade de Lucknow. Griffin faleceu de peritonite a comezos de 1937, cinco días despois dunha cirurxía de vesícula no King George's Hospital de Lucknow no estado de Uttar Pradesh (India) e foi enterrado no cemiterio cristián desa cidade. Marion Mahony Griffin supervisou a finalización do Pioneer Building en que estaban traballando no momento da súa morte. Ela pechou as oficinas da India, deixou o despacho australiano en mans do socio de Griffin, Eric Milton Nicholls, e volveu a Chicago.

Obras principais India Biblioteca da Universidade de Lucknow, en Lucknow(Uttar Pradesh) Dr Bhatia's Residence, en Lucknow Estados Unidos G.B. Cooley House,1908 South Grand St., Monroe, Louisiana Alfred W. Hebert House Remodeling, 1902, Evanston, Illinois W.H. Emery House, 1903, Elmhurst, Illinois Adolph Mueller House, 1906 John Dickinson House, 10034 Cienega Road Hollister, California 1906 Mary H. Bovee Apartment, 1907 John Gauler House, 1908, Chicago, Illinois William S. Orth House, 1908, Winnetka, Illinois Edmund C. Garrity House, 1909 Ralph Griffin House, 1909, Edwardsville, Illinois Edmund C. Garrity House, 1712 W. 104th Place, Chicago, Illinois, 1909 William B. Sloan House, 1910 Frank N. Olmstead House, 1624 W. 100th Place, Chicago, Illinois, 1910 Harry N. Tolles House, 10561 S. Longwood Drive, Chicago, Illinois, 1911 Harry G. Van Nostrand House, 1666 W. Griffin PIace, Chicago, Illinois, 1911 Russell L. Blount House I, 1724 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1911 Benjamin J. and Mabel T. Ricker House, Grinnell, Iowa, 1911-1912 Joshua Melson House, 1912, Mason City, Iowa Russel L. Blount House II, 1950 W. 102nd Street, Chicago, Illinois, 1912–1913 Jenkinson House, 1727 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1912–1913 Walter D. Salmon House, 1736 W. Griffin PIace, Chicago, Illinois, 1912–1913 Newland house, 1737 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, 1913 Ida E. Williams House, 1632 W. Griffin Place, Chicago, Illinois (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913 William R. Hornbaker House, 1710 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1914 James Frederic Clarke House, 1731 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913 Harry C. Furneaux House, 1741 W. Griffin Place, Chicago, Illinois, (baseado nos plans de Von Nostrand, construído por Blount), 1913 James Blyth House, Mason City, Iowa Stinson Memorial Library, Anna, Illinois Australia Plan de Canberra, 1914–1920 Plan urbano de Leeton, 1914 Plan urbano de Griffith, 1914 Plan urbano de Eaglemont, 1915 Paris Theatre, Sydney, 1915 (demolido en 1981) Newman College, Universidade de Melbourne, 1916–1918 Café Australia, Melbourne, 1916 Capitol Theatre, Melbourne 1924 Palais de danse, St Kilda 1925 (destruído polo lume) Leonard House, Elizabeth Street Melbourne 1925 (demolida) Castlecrag, plan do suburbio, 1925 Fishwick House, completado en 1929The Fishwick House Castle Cove, plan do suburbio, 1930 Incinerador Willoughby, completado en 1932Walter Burley Griffin Incinerator Duncan House (Castlecrag), completada en 1934Duncan House Eric Pratten House, en Pymble, Sydney, completado en 1936Eric Pratten House Incinerador Hindmarsh, Australia do Sur, completado en 1936Building Details - Architects of South Australia > Hindmarsh Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014. Pyrmont Incinerator, completado en 1936 (demolido en 1992) Thebarton Incinerator, South Australia, completado en 1937Building Details - Architects of South Australia > Thebarton Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014. Walter Burley Griffin Incinerator, Ipswich, completada en 1992Walter Burley Griffin Incinerator (former). Consultado o 30 de abril de 2019

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Birrell, James. 1964. Walter Burley Griffin. University of Queensland Press Gebhard, David & Gerald Mansheim, Buildings of Iowa, Oxford University Press, Nova York, 1993 Gebhard, David. "The Suburban House and the Automobile." The Car and the City: The Automobile, the Built Environment and Daily Urban Life. Ann Arbor: University of Michigan Press, 1991: 106,123. Kruty, Paul. 2000. Griffin, Walter Burley. American National Biography Online. Oxford University Press

Mason City Iowa, An Architectural Heritage, Department of Community Development, City of Mason, Iowa, 1977 Maldre, Mati e Paul Kruty, Walter Burley Griffin in America, University of Illinois Press, Urbana, 1996 McGregor, Alasdair, 'Grand Obsessions: The life and work of Walter Burley Griffin e Marion Mahony Griffin, Penguin/Lantern, Camberwell, Victoria, 2009 Walker, M., Kabos, A. e Weirick, J. (1994) Building for nature : Walter Burley Griffin and Castlecrag, Castlecrag, N.S.W. : Walter Burley Griffin Society () Wilson, Richard Guy e Sidney K. Robinson, The Prairie School in Iowa, Iowa State University Press, Ames, 1977

Ligazóns externas Walter Burley Griffin Society (Australia) Walter Burley Griffin and Marion Mahony Griffin architectural drawings, circa 1909-1937 .Held by the Department of Drawings & Archives , Avery Architectural & Fine Arts Library, Columbia University. The Griffin Legacy, National Capital Authority Imagining Canberra in Chicago from the ABC Reading the past in the Walter Burley Griffin Incinerator and Fishwick House at Willoughby, NSW (educational resources) Castlecrag Progress Association [CC-By-SA] Great Buildings Online: works of Walter Burley Griffin (includes links to W.H.Emery House, 1903; Ralph Griffin House, 1909; Adolph Mueller House, 1906; Joshua Melson House, 1912; and Stinson Memorial Library, 1913) Walter Burley Giffiin, The Prairie School of Architecture Stinson Memorial Public Library (includes history of Stinson Library construction) The Walter Burley Griffin Society of America Mary Mahoney Griffin's Manuscript, The Magic of America: Ryerson & Burnham Libraries: Archives Collection

Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1937