Sara González Lolo, nada en Xixón, Principado de Asturias o 17 de marzo de 1992, é unha xogadora española de hóckey a patíns que xoga de defensa no Telecable Hockey Club, equipo do que é capitá.
Traxectoria Sara Lolo segue xogando no club no que se iniciou, o CP Gijón Solimar. Empezou a xogar ó hóckey en 2002 no colexio Atalía, cando só tiña 10 anos, coa que foi a súa adestradora e posteriormente tamén compañeira, María Fernández "Pulgui". En 2004, con 12 anos, dá o salto ós equipos federados do CP Gijón Solimar e en 2007 entra a formar parte do primeiro equipo, daquela denominado Biesca Gijón, hoxe Telecable Hockey Club.
Na tempada 2015-2016 asume o rol de capitá do equipo.
Sara Lolo é, xunto coa tamén asturiana Natasha Le, a única xogadora que marcou gol en todas as edicións disputadas da OK Liga.
Notas
Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1992 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de España