A feira do viño do Rosal é unha festa de interese turístico celebrada no municipio do Rosal, pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira, que se celebra desde 1993, ten como obxectivo primordial promover os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal. Historia No s. XII os monxes do mosteiro de Santa María de Oia eran os encargados de coidar as plantacións do viñedo e foi nesa época cando o viño acadou o seu maior auxe.

Ten lugar na praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas. Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc.

Notas

Rosal Categoría:O Rosal Categoría:Festas de interese turístico de Galicia Categoría:Feiras Categoría:O Rosal sen imaxes