O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue a zona de nacemento dos ríos Arnoia, Limia e Támega nas abas da serra de San Mamede, que está na zona oeste do Macizo Central ourensán. Está nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.
Este espazo natural pretende conservar un dos bosques galegos mellor conservados de bidueiros e por ser un punto de transición entre os bosques de vexetación eurosiberiana a mediterránea no noroeste peninsular. Destacan no ZEC os hábitats rochosos, as covas e as turbeiras activas, así como queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e a presenza de 12 especies con interese de protección elevado.
Xeografía O ZEC está entre a terra de Caldelas e a Limia e ocupa principalmente as parroquias de Paredes e Gabín de Montederramo e unha área menor de Rebordechau en Vilar de Barrio. Dentro do espazo atópase o lugar do Teixedo e case dentro del A Ferrería, lugares de Gabín.
Ten os regos de Corgo Figueiro e Corogo de Valdemiotos ou Torneiros, que aflúen fóra do espazo no río de Queixa; e o rego de Corgo das Aguzadeiras, que aflúe no río Mao, e a cabeceira do río Mao.
Flora e fauna Flora Este espazo está formando principalmente por queirogais, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e bosques autóctonos, cunha parte relativamente importante de bosque de bidueiro (Betula).
A maior área dos bosques son a das carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ás carballeiras séguenas as acivreiras (Ilex aquifolium) en extensión, mesturadas entre os bidueiros. Nas ribeiras dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsio).
Nos prados destacan as formación de múltiples especies de Nardus. No bidueiral están tamén presentes zonas de turbeiras e covas.
As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son: Especie Narcissus asturiensis
Fauna As especies de maior interese do espazo en canto a súa conservación son a lagarta da serra (Iberolacerta monticola) e o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), as aves gatafornela (Circus cyaneus) e a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e os morcegos grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) e pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros).
Outras aves de interese do espazo son os azores (Accipiter gentilis), gabiáns eurasiáticos Accipiter nisus, a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a aguia albela (Circaetus gallicus), os mouchos, ou o agatuñadeira eurasiática (Sitta europaea).
Entre os mamíferos de interese de conservación están o gato bravo (Felis silvestris), o lobo (Canis lupus) e varias especies de armiños, en particular a Mustela erminea.
As especies da fauna que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:
Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Rutilus arcasii Réptiles Lacerta monticola Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Cultura Lendas Esta fraga acocha unha lenda popular xa que, segundo esta, foi o escenario escollido por Romasanta, o home lobo, para acometer variedade de crimes. Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como “o do unto”, confesou a finais do século XIX que froito dunha maldición foi convertido nun home lobo que saía nas noites de lúa chea. Isto deu orixe á lenda que se desencadeou neste bosque, por ser o único caso de licantropía documentado en España.
Turismo Rutas accesíbeis Dentro do Bidueiro de Montederramo pódese realizar un itinerario que consta dunha lonxitude de 22 km e na que a dificultade só existe nos dous últimos quilómetros, xa que nos atopamos un desnivel de 250 metros.
O percorrido comeza nunha pequena aldea de Gabín, Montederramo, que nos achega ata o Bidueiro mediante unha pista transitable por vehículos. No lugar do Campo do Casar comeza esa ruta PR-G 182, ou Ruta do Bidueiro de Gabín. Consta de 9 quilómetros polo interior da fraga, onde ao seu fin se encontra ó unha construción eclesiástica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Macizo Central ourensán Serra de San Mamede
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Montederramo Categoría:Vilar de Barrio Categoría:Montederramo sen imaxes