Juan Martínez Fontenla, nado na Coruña o 19 de outubro de 1906, foi un político galego.

Traxectoria Ingresou no PSOE en xuño de 1931 e tamén pertencía a UGT. Secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1936, acudiu ao Congreso da Federación Local da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe, e unha vez que triunfou, agochouse. Procesado por roubo de armas no Palacio de Xustiza xunto con José María Galán Becerra e Francisco Naya Mariñas, foi reclamado polo Xulgado de Instrución da Coruña en xuño de 1937.La Voz de Galicia, 23-6-1937, p. 4. Exiliado en México onde chegou procedente de Portugal en febreiro de 1947. En México pertenceu á Agrupación Socialista Española.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes