miniatura|Gañadoras e organización nos premios de 2019. O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas é un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que busca a reflexión sobre distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e o apoderamento das mulleres, entendido consonte á estratexia definida na IV Conferencia Mundial das Mulleres de Beijing nos seus tres niveis de transformación: o individual, o colectivo e a transformación social. Comezaron no ano 2013 e teñen carácter anual. O seu precedente foi o Premio de Relatos Mulleres Progresistas (2007-2011) e, con anterioridade a este último, o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo (1997-2005).

Bases Entre outras:

Poden participar todas as mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante pode presentar un máximo de 3 microrrelatos que deben ir escritos en galego normativo. O tema é libre, pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes (corresponsabilidade, dereitos, apoderamento etc.). Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato debe ter natureza narrativa e non de mera proclama. Os microrrelatos deben ter un máximo de 100 palabras (excluído o título). As obras deben ser orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico.

Obras gañadoras Premios outorgados nas súas distintas edicións:

2014 (II edición) 1º premio: "Desafío", de María Jesús Fariña Busto 2º premio: "Dsineb", de Carolina Sertal Souto 3º premio: "Pantalla partida", de Andrea Núñez-Torrón Stock Finalistas: "A nena", de María Vilariño Suárez; "A avoa e a tormenta", de Silvia Rivas Alejandro; "Remendos", de Estela Suárez Recouso; "Ad libitum", de María González Blanco; "O canto das seras galegas", de Carolina Sertal Souto; "Consecuencias", de María Villar Andrade 2015 (III edición) 1º premio: "O tupper", de Clara do Roxo. 2º premio: "Viaxe de negocios", de Sabela Núñez Singala 3º premio: "Cousas da infancia", de Leticia Álvarez Lorenzo Finalistas: "Cancro de mama", de Sabela Núñez Singala; "Comerse as propias palabras", de Marta Carballo Puebla

2016 (IV edición) 1º premio: "Aula 34", de Laura de Cáceres Iglesias 2º premio: "A caixiña de caramelos", de Leticia Álvarez Lorenzo 3º premio: "Queridos Reis Magos", de Sabela Núñez Singala

2017 (V edición) 1º premio: "Serendipia", de Raquel Fernández Fernández 2º premio: "Ollomol", de María Azucena Rey Torrente 3º premio: "Nas mellores mans", de María Salinas García. Finalistas: "(Re) construírse", de Laura Arjonilla Cristóbal; "A viaxe de Amelia", de Ángela Costas Parada; "Filloas de loendro", de Julia Tomé Ortega

2018 (VI edición) 1º premio: "Metamorfose", de Emma Pedreira Lombardía. 2º premio: "A fiestra con memoria", de Pilar Vilaboy Freire 3º premio: "Seo materno", de Ana Padín Calviño Finalista: "A leoa", de Patricia Eugenia Gallego Pérez

2019 (VII edición) 1º premio: "Lois Lane", de Raquel Fernández Fernández. 2º premio: "Aurorita IV", de Susana Villamor Prieto. 3º premio: "A nena sobre o tellado", de Esther Alonso Domínguez. Finalistas: "Bebedeira", de María Azucena Rey Torrente; "As tesoiras", de Andrea Fernández Maneiro; "Matouno o demo e Deus levouno", de Andrea Costas Otero; "Pinceladas", de María Salinas García.

2020 (VIII edición) 1º premio: "Traballo", de Blanca Rodríguez Rodríguez. 2º premio: "O escafandro", de Andrea Fernández Maneiro. 3º premio: "Chulas de rabaqueta", de Andrea Castro Lorenzo. Finalistas: "A revelación", de Isabel Mancebo Portela; "A fraternidade das bestas", de Andreia Costas Otero

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo Premio de Relatos de Mulleres Progresistas

Ligazóns externas Díptico Bases do II Premio

Categoría:Cultura en Vigo

Mulleres Progresistas Mulleres Progresistas