DeMostra: Festival Urban é un festival gratuíto e apto para todas as idades que inclúe unha xornada de actividades sobre a cultura urbana no concello de Mos. Os principais elementos que o conforman son: Skate, Grafiti, Parkour, Breaks e Beatbox.

Este festival, fomentado por un grupo de amigos e coa axuda do Concello de Mos, nace coa idea de revitalizar o municipio. Achega así a cultura urbana e, polo tanto, satisfai as inquietudes artísticas desde os máis pequenos ata os máis adultos.

Localización O lugar onde se leva a cabo este festival de cultura urbana é no complexo do OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) Multiusos de Mos debido a que conta cun grande espazo no que poden colocar os diferentes elementos dos seus obradoiros: o escenario para os concertos, os taboleiros para o grafiti, a pista de break dance etc. Posto que, ademais, xa conta coa pista de bmx e skate, xa construída, que complementan e condicionan dita localización.

Actividades Ao longo da xornada, hai diversas actividades cun horario para que se poida asistir aos diversos obradoiros que se realizan. Cada unha delas conta cunha estrutura:

GRAFITI

Obradoiro

Coñecementos dos usos adecuados e inadecuados do Grafiti. Coñecemento das técnicas do spray máis utilizadas da arte mural. Uso das técnicas de spray na elaboración de Grafitis. Creación colectiva dunha peza de Grafiti.

PARKOUR

Obradoiro

Aprendizaxe das técnicas fundamentais de desprazamentos e actitudes de posturas de Parkour. Aprendizaxe das técnicas de salto/gato de precisión. Aprendizaxe de técnicas de recepción e rodamentos. Aprendizaxe de técnicas de pasa-valos frontais e laterais. Práctica das técnicas en circuíto con percorrido fluído.

BEATBOX

Obradoiro

Achegar a historia do Beatbox. Introdución e familiarización co beatbox. Aprendizaxe das técnicas fundamentais. Recomendacións para a práctica e uso do micro. Práctica para a elaboración de sons bucais.

BREAK DANCE

Obradoiro

Aprendizaxe dás técnicas fundamentais de desprazamento e actitude postural de Breakdance (TopCocks). Aprendizaxe das técnicas fundamentais de combinación no chan (Footworks). Aprendizaxe de técnicas de equilibrio e posición fundamentais (Freezes). Elaboración dunha breve rutina de Breakdance.

BMX e SKATE

Obradoiro

Adestramentos pola mañá. Torneo pola tarde. Planificación dunha fase de inscricións públicas. Premios varios e centrados no deporte de bmx. Xuíces experimentados que valorarán aos participantes, xunto a un speaker que anime o evento, ademais de música en directo.

Colaboracións Algunhas organizacións e colectivos que colaboran coa dirección do evento comprométese a impartir e supervisar os diferentes obradoiros de Graffiti, Beatbox, Breakdance, Parkour, Skate e BMX; entre eles pódese atopar profesionais como Vella Escola, Mondaka D.I.E. Skatepark ou WS Skateboard.

Véxase tamén Ligazóns externas

https://metropolitano.gal/que-hacer/la-cultura-urbana-llega-a-mos-con-el-festival-demostra/ https://web.archive.org/web/20190410105803/https://amp.farodevigo.es/comarcas/2018/09/08/concello-mos-apuesta-cultura-urbana/1957757.html http://www.sondolouro.com/index.php/mos/item/4153-nace-o-festival-demostra-que-achegara-a-cultura-urbana-a-mos.HTML http://www.porrinodigital.es/index.php/porrino-digital-noticias/categorias/porrino-digital-actualidad/4807-domingo-de-cultura-urbana-co-i-festival-demostra-en-mos.HTML http://xornal21.com/art/24159/mos-presume-de-cultura-urbana-co-i-festival-ldquo-demostra-rdquo- http://funkmamma.com/mos-el-epicentro-de-la-cultura-urbana-este-domingo/ https://web.archive.org/web/20190508033245/https://www.instagram.com/demostra_mos/

Categoría:Mos Categoría:Eventos en Galicia Categoría:Festivais en Galicia