Manuel Doldán Caridad, nado no Temple (Cambre) e finado en Coirós en agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Mozo de almacén afiliado á CNT e próximo ao PSOE. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi designado concelleiro de Cambre, tomou posesión o 21 de marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado. O seu cadáver apareceu en Coirós en agosto de 1936. Xulgado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, foi sancionado o 23 de xullo de 1941 con 100 pesetas.BOE, 9-12-1941, p. 4554.
Datos persoais Casou con Carmen Don Míguez, foi pai de José, Manuel e Rogelio Doldan Don.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Concelleiros de Cambre Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cambre Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes