A Federación Europea de Asociacións Numismáticas Profesionais -FENAP- (en inglés: Federation of European Numismatic Trade Associations; en alemán: Föderation Europäischer Münzenhändlerverbände; en francés: Fédération Européenne des Associations de Numismates Profesionnels), fundada en 1991, é unha organización internacional que agrupa as asociacións de numismáticos profesionais (comerciantes) pertencentes a 12 países europeos."Welcome!". No sitio web da FENAP.Ficha da FENAP. Union of International Associations. Os países representados son todos eles da Europa Occidental, xa que os países da Europa do Leste carecen de asociacións nacionais de profesionais numismáticos que poidan afiliarse á FENAP."20 years FENAP – 20 years in the European coin collectors’ service ". En CoinsWeekly.

O seu presidente é Ulrich Künter, quen substituíu no cargo a Hubert Lanz en 2017, e o seu secretario é Michael Becker (datos de abril de 2019)."Handover at the FENAP ". En CoinsWeekly.

Os representantes da federación manteñen un ou dous encontros anuais para tratar os asuntos relativos ao comercio numismático nos seus respectivos países, habitualmente relacionados coas restricións comerciais á importación e exportación de bens culturais, e coa loita contra as falsificacións e o branqueamento de capitais. Con frecuencia, o foro para estes encontros é a Feira Mundial do Diñeiro (World Money Fair), en Berlín."FENAP Conference at World Money Fair 2008 on February 2nd.". No sitio web da FENAP (arquivado).

En 2012, a FENAP presentou unha demanda ante o Tribunal Federal de Finanzas alemán, sobre o regulamento da Unión Europea acerca das licenzas de exportación de moedas."Verhandlung am Bundesfinanzhof zum Thema Ausfuhrgenehmigung bei Münzen ". En MünzenWoche.

Membros da FENAP Esta é unha listaxe das asociacións dos 12 países europeos membros da FENAP:"Mitgliedsverbände / Members / Membres". No sitio web da FENAP."FENAP. Federación Europea de Aociaciones de Numismáticos Profesionales". Asociación Española de Numismáticos Profesionales.

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Berufsverband des Deutschen Münzenfachhandels (BDM)"Asociación Profesional do Comercio de Moedas de Alemaña"webVerband der Deutschen Münzenhändler (VDDM)"Asociación de Comerciantesde Moedas Alemáns" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Verband Österreichischer Münzenhändler (VÖM)"Asociación de Comerciantes de Moedas de Austria" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Association Belgo-Luxembourgeoise de Numismates Professionnels (ABLNP)"Asociación Belgo-luxemburguesa de Numismáticos Profesionais"

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Monthandler-Sammenslutningen af 1975 (MSA-75)"Asociación Monthandler de 1975"

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Asociacion Española de Numismáticos Profesionales (AENP)"Asociación Española de Numismáticos Profesionais" web

Nome orixinal Nome en galego LigazónSyndicat National des Experts Numismates et Numismates Professionnels (SNENNP)"Sindicato Nacional de Expertos Numismáticos e Numismáticos Profesionais" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón British Numismatic Trade Association (BNTA)"Asociación Británica de Comercio Numismático" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Nederlandse Vereniging van Munthandelaren (NVMH)"Asociación Holandesa de Comerciantes de Moeda" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Sveriges Mynthandlares Förening (SMF)"Asociación de Comerciantes de Moedas de Suecia" web

Nome orixinal Nome en galego Ligazón Verband Schweizer Berufsnumismatiker (VSBN)"Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos" web

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de Asociacións numismáticas

Ligazóns externas

Sitio web da FENAP Vídeo con declaracións de Hubert Lanz, expresidente da FENAP

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Asociacións empresariais Categoría:Comercio