Shame é unha banda británica de rock alternativo procedente do sur de Londres. O seu álbum de estrea, Songs of Praise, foi editado o 12 de xaneiro de 2018. O grupo foi aclamado pola crítica de publicacións como NME, Paste, e Clash.

Historia O 7 de decembro de 2016 Shame publicou o sinxelo de dous temas "The Lick / Gold Hole AA" a través do selo Fnord Comms. O 14 de abril de 2017 a banda editou "Tasteless", tamén a través de Fnord Comms, un sinxelo de 7" co tema "Visa Vulture" como cara b. O 20 de setembro o grupo lanzou a canción "Concrete".

Shame publicou o seu álbum de estrea, Songs of Praise, o día 12 de xaneiro de 2018 a través do selo Dead Oceans, recibindo boas críticas. No presente o álbum conta cunha puntuación agregada de 83 baseada en 20 recensións. O disco chegou ao número 32 da lista británica de álbums e estivo na lista durante dúas semanas.

A finais de xaneiro de 2020 NME informou que Shame estaba traballando no seu segundo álbum de estudio e que a súa gravación xa estaba completada. No mes de setembro a banda publicou a súa primeira canción dende o seu anterior traballo, "Alphabet", e en decembro apareceu ""Snow Day". O álbum, titulado Drunk Tank Pink, foi editado en xaneiro de 2021.

En novembro de 2022 anunciouse o seu terceiro álbum, titulado Food for Worms, coincidindo coa saída do sinxelo "Fingers of Steel". Antes do lanzamento do disco en febreiro de 2023, a banda editou os seunxelos "Six-Pack" e "Adderall".

Membros

Charlie Steen - voces principais (2014-presente) Eddie Green - guitarra (2014-presente) Sean Coyle-Smith - guitarra (2014-presente) Josh Finerty - baixo (2014-presente) Charlie Forbes - batería (2014-presente)

Discografía ÁlbumAnoSeloSongs of Praise2018Dead OceansDrunk Tank Pink2021Dead OceansFood for Worms2023Dead OceansCutthroat2025Dead Oceans

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2014