A cantiga de mestría<ref>Ficha no Dicionario de Termos Literarios' do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.</ref> é, dentro da lírica medieval galego-portuguesa, unha composición estrófica que segue un esquema métrico do tipo: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb; carece de retrouso, en contraposición á cantiga de refrán.
Polo tanto, pódese identificar como un tipo de estruturación dende o punto de vista métrico propio da poesía lírica galego-portuguesa. Acostuma a mostrarse nos manuais de historia da literatura como contraposición a outro estilo de métrica denominada cantiga de refrán, sendo a súa diferenciación principal, como o seu nome indica, a presenza dun refrán ao final de cada estrofa, aportando un carácter regresivo á composición, contra o carácter progresivo e continuado da cantiga de mestría.
Historia e características Antecedentes As cantigas son poesías cantadas que combinan a música e a literatura. Popularizáronse nos séculos XII e XIV, especialmente no territorio galego-portugués e eran recitadas por xograres e trobadores, quen escribían as letras, poñían música e as interpretaban. En función da súa composición ou estrofas, poden clasificarse en cantigas de refrán ou cantigas de mestría.
A súa orixe está na poesía dos trobadores provenzais, os mesmos que a nomearon así por ser esta o tipo de cantiga máis perfecta, máis artísticas e libre de todo artificio popular. Aínda que gran parte da lírica galego-portuguesa bebe da tradición culta da cançó provenzal, esta sufrirá un cambio na súa adaptación a tradición lírica do noroeste peninsular, onde se fusionará co estilo local de vello dándolle así un carácter máis afastado da súa orixe culta. Isto manifestarase en feitos como a práctica ausencia de versos isosilábicos, resultado propio dunha mestura de poesía coa lírica oral.
Polo tanto, a cantiga de mestría pódese entender como o estilo de métrica máis próximo a este xénero trobadoresco medieval do sur de Francia, xa que conserva con maior fidelidade esa tradición culta referida anteriormente.
En definitiva, a cantiga de mestría é a composición estrófica que se emprega nas cantigas, que consta de catro estrofas de sete versos octosílabos e decasílabos. Na obra A cantiga de Amor de Vicenç Beltran, recolle a conclusión de J.M. d’Heur: din que é probábel que, nas súas orixes, a cantiga de mestría proceda da adaptación das formas provenzais, mentres as de refrán sexan autóctonas, e de aí a súa estreita vinculación coa cantiga de amigo. Como observa Vicenç Beltran, este proceso debeu asociarse a unha profunda hibridación de ambas tradicións, se temos que xulgar pola frecuencia con que o refrán aparece nas cantigas de amor.
Autores máis representativos
Vasco Praga de Sandin Johan Soayrez Somesso Paay Soarez de Taveyros Fernan R. de Calheyros Johan Garcia de Guilhade Johan Soarez Coelho Johan Ayras de Santiago Pero da Ponte Pero Garcia Burgales Don Denis
Temática En canto a temática da cantiga de mestría existen varias controversias, non ten un único xénero. Está moi ligada ás cantigas de escarnio de e as castigas de amor, xa que son estas as que máis a empregan, mentres que as de amigo utilizan máis o refrán. Entón pese a encontrar cantigas de amigo con mestría, esta e métrica particular das cantigas de amor e cantigas de escarnio.
Aspectos formais A estrutura propia da cantiga de mestría mostra catro estrofas de sete versos octosílabos ou decasílabos, sen refrán ao remate das estrofas.
Baixo estas liñas móstrase un exemplo de cantiga de amor, con métrica de cantiga de mestría, do autor João Lopes de Ulhoa. Conta con catro estrofas de sete versos cada unha, sendo estes decasílabos en todos os casos, e cun esquema rítmico idéntico en cada estrofa: ABBACCA. miniatura|Músico tocando as campás A mia senhor que me foi amostrar A mia senhor, que me foi amostrar Deus por meu mal, por vos eu nom mentir, eque sempr’eu punhei de a servir muit', houve gram sabor de m’enganar: ca me falou primeir’, u a vi, bem; e pois que viu que perdia o sem por ela, nunca m’er quiso falar. E se m’eu dela soubesse guardar, quando a vi, punhara de guarir; mais foi-m'ela bem falar e riir, e falei-lh'eu; e nom a vi queixar, nem se queixou que a chamei “senhor”! e pois me viu mui coitado d’amor, prougo-lhe muit’e nom m’er quis catar! E pois me queria desemparar, quando a vi, mandasse-me partir lodo de si! E mandasse-m'end’ir! mais nom lhe vi de nulha rem pesar que lh’eu dissesse, tam bem me catou! pois viu que seu amor me forçou, leixou-,’assi desemparad’andar. E deferená dev’end’a filhar tod'home, que dona fremosa vir, de mim: e guarde-se bem de nom ir, com'eu fui log’, em seu poder entrar; ca lháverrá com’avero a min: servi-a muit’, e pois que a servi, fez-mi aquesto quiant’oídes contar!
Antoloxía As cantigas de mestría teñen unha autoría moi diversa e son propias dos autores máis antigos. Véxase unha antoloxía dos autores da cantiga de mestría coas súas correspondentes obras:
Afonso Mendes de Besteiros: Oimais quer’eu punhar de me partir Afonso Pais de Braga: Ai mia senhor! quer’eu provar Afonso Sanches: De vos servir, mia senhor, non me val Afonso X: Bem sabia eu, mia senhor Airas Carpancho: Pois que se nom sente a mia senhor Airas Engeitado: Nunca tam gram coita sofri Airas Moniz de Asma: Mia senhor, vim-vos rogar Airas Nunes: Falei noutro dia con mia senhor Anónimo: Nosto senhro, que mi a mim faz amar (João Peres de Aboim) Anónimo 1: Nunca tan coitad’home por moller Anónimo 2: Dizem-mi as gentes por que nom trobei (João Peres de Aboim) Anónimo 4: Des hojemais me quer’eu, mia senhor Bernal de Bonaval: Abril Peres, muit’hei eu gram pesar Bonifaci Calvo: Moi gran poder há sobre mim Amor Don Dinis: Amor fez a mim amor Joao Lopes de Ulhoa: - A mia senhor, que me foi amostrar Notas
Véxase tamén Bibliografía Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853. Xerais. ISBN 9788499145518. Beltran, Vicenç (1995). Historia crítica da literatura medieval. A cantiga de amor. Xerais. ISBN 9788475079431. Cañada, Silverio (1974). Gran Enciclopedia Galega. (1999) Enciclopedia Galega Universal''. Ir Indo. ISBN 978-8476802885 Outros artigos Cantiga de amor Cantiga de escarnio Cantiga de amigo Trobadorismo Ligazóns externas Cantigas medievais galego-portuguesas cantigas.fcsh.unl.pt SILENCIO Y MELANCOLÍA EN CANTIGA DE JOSE MANUEL ARANGO Traballo de Grado de Restrepo Moreno, Amalia (2014) PONTIFICIA UNIVERSIDAD JAVERIANA . Vilavedra, Dolores. Historia da Literatura Galega Editorial Galaxia. Cantigas de amor wikillerato.org
Categoría:Cantigueiros Categoría:Xéneros de poesía