O lobo con botas (orixinalmente en castelán El lobo con botas) é unha obra de literatura infantil escrita por Hematocrítico e editada en 2018. Publicouse en galego en tradución de Anaír Rodríguez da man de Edicións Xerais de Galicia.

É un conto que trata sobre o consumismo protagonizado por lobos, gatos, dragóns, xigantes... onde se formula unha pregunta ós máis pequenos: É divertido xogar unha vez tes todo o que queres?

Sinopse Feroz o tío de Lobiño monta unha xastrería, pero esta comeza a ir mal debido a que non vai ninguén. Un día o seu sobriño ensínalle ao seu tío un póster do gato con botas, a nova estrela infantil de moda. Todos queren vestir coma el, un sombreiro, unha espada, unhas botas… algo que o lobo Feroz aproveita para facer negocio.

Cando os nenos teñen todo, o tío, desexoso de máis diñeiro envolve ó gato con botas para que pose con diferentes produtos que posteriormente facendo uso de fotos utilizará para venderlles máis cousas ós rapaces.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro

Categoría:Literatura infantil Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras literarias de 2018