Pasaia blues é unha novela negra de Harkaitz Cano, escrita en lingua éuscara. Ambientada na localidade guipuscoana de Pasaia durante a década de 1990, conta a historia de dúas integrantes dun comando terrorista de ETA, Marta e Olatz, que se agochan das autoridades nun piso.

Foi traducido ó galego por Isaac Xubín e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2013.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1999 Categoría:Obras literarias en éuscaro Categoría:Obras traducidas do éuscaro ao galego‎