Hayley Kiyoko Alcroft, nada nos Ánxeles (California) o 3 de abril de 1991, é unha cantante, actriz, compositora e modelo estadounidense. É coñecida por interpretar a Velma Dinkley nas dúas únicas películas para a televisión da serie Scooby-Doo, a Stevie Nichols en Wizards of Waverly Place e a Stella Yamada en Lemonade Mouth.

Interpretou o papel da detective Raven Ramirez para a serie de televisión CSI: Cyber. E tivo un papel principal na serie spin-off para a web de The Fosters.

Actualmente concéntrase na súa carreira como cantante solista despois de pertencer ao grupo de pop estadounidense, The Stunners. Publicou tres EP's como solista ao longo da súa carreira: A Belle to Remember (2013), This Side of Paradise (2015) e Citrine (2016). Estudou no Perú.

Traxectoria É de ascendencia xaponesa, inglesa e escocesa.Disney Starlet Hayley Kiyoko on Keeping Grounded in Hollywood Por Nalea J. Ko, Pacific Citizen, 9 de maio de 2011 Na secundaria, desempeñou o posto de presidenta do consello estudantil e vicepresidenta. Tamén fundou o step team pola súa secundaria. Despois de graduarse, foi aceptada na Escola Clive Davis de Recorded Music na universidade de Nova York. En 2017 referiuse a si mesma como unha muller homosexual na revista Elle, referindo un ano antes a súa decisión de reflectilo na súa música e nos seus vídeos musicais en Paper, co obxectivo de visibilizar e normalizar todo tipo de amor.

Carreira Apareceu na serie Unfabulous e en Wizards of Waverly Place como Stevie Nichols. Interpretou a Velma Dinkley nas películas Scooby-Doo: O misterio comeza e Scooby-Doo: A maldición do Monstro do Lago. Tamén interpretou a Stella Yamada na película de Disney Channel, Lemonade Mouth, onde interpretou as cancións «Here We Go», «More Than a Band» e «Breakthrough» pertencentes á banda sonora da película."HAYLEY KIYOKO "Stella Yamada"". Disney Channel Medianet. Consultado o 30 de abril de 2011.

Ademais apareceu en comerciais nacionais, incluíndo GM OnStar, Slim Jim e Cinnamon Crunch Toast.

Foi membro do grupo feminino de pop estadounidense The Stunners, formado polo músico Colleen "Vitamina C" Fitzpatrick. Interpretaban a súa música nos clubs da zona dos Ánxeles. O grupo foi abreconcertos de My World Tour de Justin Bieber no verán de 2010 e posteriormente separouse.

Así mesmo, é cantante solista; lanzou o seu primeiro EP A Belle to Remember o 12 de marzo de 2013 e o vídeo musical da canción do mesmo nome foi lanzado o 8 de xullo de 2013. O 3 de febreiro de 2015 lanzou o seu segundo EP, This Side of Paradise, e o videoclip da canción homónima foi lanzado o 12 de decembro de 2014. O seu terceiro EP Citrine viu a luz o 30 de setembro de 2016. En 2017 apareceron dous vídeos musicais de cancións que non se inclúen en ningún dos EP: "Sleepover" e "Feelings" (19 de outubro de 2017), cuxo impacto foi notorio, xa que alcanzou o millón de visualizaciones ao tres días da súa publicación en YouTube. O 21 de decembro de 2017, Hayley anunciou o seu álbum debut titulado "Expectations".

Ademais, desde 2014 aparece na serie CSI: Cyber interpretando á especialista técnica Raven Ramírez.

Filmografía Películas AnoTítuloPersonaxeNotas2007Blades of GloryBailarinaCameo2009Scooby-Doo: O misterio comezaVelma DinkleyProtagonista2011Scooby-Doo: A maldición do Monstro do LagoProtagonistaLemonade MouthStella YamadaProtagonista2012Blue Lagoon: The AwakeningHelenSecundarioAdriftJessCurtametraxe2014Hello, My Name Is FrankAlisaProtagonista2015Jem and the HologramsAja LeithProtagonistaInsidious: Chapter 3MaggieSecundario2016XOXOShannieProtagonista

Series de televisión AnoTítuloPersonaxeNotas2007UnfabulousBailarina2 episodiosAll Grown Up!Kimi Finster1 episodio2010Wizards of Waverly PlaceStevie Nichols4 episodios2011Zeke & LutherSusie Vandelintzer1 episodio2013The Vampire DiariesMegan King1 episodio2014The FostersGabi5 episodios2015 — 2016CSI: CyberRaven Ramírez31 episodios

Discografía Sinxelos 2013 — A Belle To Remember 2016 — Baby Fox

EPs 2013 — A Belle To Remember 2015 — This Side Of Paradise 2016 — Citrine

Álbums

2018 — Expectations

Vídeos musicais AnoTítulo2013A Belle to Remember (EP)2015This Side of Paradise (EP)Rich Youth (EP)Girls Like Girls (EP)Cliffs Edges (EP)2016Gravel to tempoOne Bad Night (EP)2017SLEEPOVERFeelings2018CuriousWhat i need ft. Kehlani.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Hayley Kiyoko en Lesbicanarias .

Categoría:Cantantes de California Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados nos Ánxeles