Michael Lloyd Coats, nado en Sacramento (California) o 16 de xaneiro de 1946, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-41-D, STS-29 e STS-39. Pasou un total de 19,33 días no espazo.
Traxectoria Coats é graduado en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en Annapolis en 1968. É máster en administración de ciencia e tecnoloxía polo Universidade George Washington en 1977 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1979.
Foi seleccionado como candidato a astronauta en xaneiro de 1978, pasando as probas e chegando a ser astronauta formalmente en agosto de 1979. Participou nas misións STS-41-D, STS-29 e STS-39. Deixou a NASA e o exército en agosto de 1991.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41-D STS-29 STS-39
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Sacramento