Cape Fear é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Martin Scorsese. É un remake do filme homónimo de 1962. Está protagonizado por Robert De Niro, Nick Nolte, Jessica Lange, Joe Don Baker, Juliette Lewis, Robert Mitchum e Gregory Peck no seu derradeiro papel no cinema. Ademais de Mitchum e Peck, Martin Balsam fai un cameo no remake; os tres protagonizaron o filme orixinal. O filme conta a historia dun violador convicto quen, usando os seus novos coñecementos sobre dereito, busca vinganza contra o avogado defensor a quen culpa polos seus 14 anos de prisión por mor de tácticas de defensa intencionalmente defectuosas no seu xuízo.

Cape Fear supón a sétima colaboración entre Scorsese e De Niro. O filme recibiu críticas positivas e nomeametos ós Premios Oscar e ós Globos de Ouro nas categorías de mellor actor (para De Niro) e mellor actriz secundaria (Juliette Lewis).

Personaxes Robert De Niro como Max Cady Nick Nolte como Sam Bowden Jessica Lange como Leigh Bowden Juliette Lewis como Danielle Bowden Joe Don Baker como Claude Kersek Robert Mitchum como Tte. Elgart Gregory Peck como Lee Heller Illeana Douglas como Lori Davis Fred Dalton Thompson como Tom Broadbent Martin Balsam como Xuíz Zully Montero como Graciella

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1991 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en 1991 Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre avogados Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre asasinos Categoría:Filmes de Amblin Entertainment