Andrés Iglesias Garrote, nado en Cariño e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un militar e político galego.
Traxectoria Militar retirado. Secretario da sociedade Agraria La Necesaria da UGT en 1931. Militante do PSOE, foi concelleiro de Fene durante a República, alcalde en 1934 e en 1936 era o segundo tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 1 de agosto con Ramón Souto González, Juan Sánchez Crespo, e os irmáns Eduardo e Francisco Barcia Rodríguez.La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 3. Foi paseado en Canido con Guillermo Cedrón Gómez, Mario Rico Cobas, Felipe Hermida González, Carlos Pérez Fachal, Manuel González Díaz, Venancio Pérez Blanco, José Rico Torrente, Antonio Fernández Mourente e Ramón Hermo Miranda.La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7. Notas
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Fene Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cariño Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes