Briana é un nome propio feminino de orixe celta. É a forma feminina do nome de orixe irlandesa Brian que significaba "alto" e "nobre".
En xaneiro de 2023 existían 71 mulleres en Galicia co nome Briana, cunha media de idade de 4,4 anos.Nome Briana na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia do nome O nome en masculino, orixinalmente Brion, remóntase até o século IX e as dúas formas empregábanse nas illas de Irlanda e Gran Bretaña, e aparece en Inglaterra a partir da conquista normanda.
Hai varias ortografías diferentes de Brianna como Brynanna, Briane, Brianne, Bryana e Breanna. Breanne é unha variante de Breanna, propia dos Estados Unidos.
Bri, Brie e Bria son apócopes dese nome.
Notas
Categoría:Nomes femininos de orixe celta