Eginard ou Einhard (tamén Exinardo ou EginhardSegundo Teulet, p. 1 o seu nome aparece sempre como Einhardus nas súas obras.), nado en 775 e finado na abadía de Selingenstadt en 840, foi un escritor do século IX, biógrafo de Carlomagno.

Traxectoria Foi educado na abadía de Fulda e na corte de Carlomagno. Recorreu o Imperio Carolincio para cumprir varias misións que lle foron encomendadas sobre os edificios do emperador. Despois integrouse na corte de Lois I o Piadoso, fillo de Carlomagno, onde se ocupou da educación do seu fillo máis vello Lotario I. Como recompensa, o emperador Luís confioulle diversas abadías laicas, incluíndo a abadía de Saint-Wandrille en 816 - 823. Ante os enfrontamentos entre os fillos de Lois o Piadoso, Eginard preferiu retirarse a escribir ao redor de 830 e morreu na abadía de Seligenstadt en 840. Eginard escribiu a Vita Karoli Magni, seguindo a tradición literaria de Suetonio. Máis que unha biografía, fixo unha haxiografía de Carlomagno. Tamén é autor dos Anais do Reino dos Francos (Annales regni Francorum, 741-829) e de 62 cartas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Louis Halphen (ed. ) Eginhard, Vie de Charlemagne éditée et traduite par. . . , París: Les Belles Letres, 1967, cuarta edición revisada. e La vida de Carlomagno , trad. Alejandra de Riquer (Madrid, Gredos, 1999) Ligazóns externas

the latin library http://www.archive.org/details/earlylivesofchar00einhiala fordham http://www.newadvent.org/cathen/05366b.htm einhardpreis documentacatholicaomnia historiens Obras completas de Eginard, publicadas por A. Teulet en 1840

Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en 775 Categoría:Finados en 840 Categoría:Biógrafos