Trois couleurs: Blanc (en ) é un filme franco-polaco de 1994 coescrito, producido e dirixido por Krzysztof Kieślowski. Blanc é o segundo título da triloxía das Tres cores, baseada nos ideais revolucionarios franceses, sendo a continuación de Bleu e antecedendo a Rouge. O filme foi escollido como candidato polaco ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Sinopse Blanc trata sobre a igualdade, e conta a historia de Karol Karol, un home que despois de ser abandonado pola súa muller en humillantes circunstacias en París, perde os seus cartos, a súa residencia e os seus amigos. De volta en Varsovia, Karol comeza os seus esforzos por restaurar a igualdade na súa vida a través da vinganza.
Personaxes Zbigniew Zamachowski como Karol Karol Julie Delpy como Dominique Vidal Janusz Gajos como Mikołaj Jerzy Stuhr como Jurek Aleksander Bardini como Le notaire Grzegorz Warchoł como L'élégant Cezary Harasimowicz como L'inspecteur Jerzy Nowak como Le vieux paysan Jerzy Trela como Monsieur Bronek Teresa Budzisz-Krzyżanowska como Madame Jadwiga
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar Trois couleurs: Bleu Trois couleurs: Rouge Trois couleurs (triloxía)
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Krzysztof Kieślowski Categoría:Filmes rodados en Polonia Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en Polonia Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre inmigración