Bruria Kaufman, nada en Nova York o 21 de agosto de 1918 e finada en Haifa o 7 de xaneiro de 2010, foi unha física teórica israelí. É coñecida polas súas contribucións á teoría xeral da relatividade de Albert Einstein, á física estatística, onde aplicou a análise spinor para rederivar o resultado de Lars Onsager sobre a función partición do modelo de Ising bidimensional, e ao estudo do efecto Mössbauer, no que colaborou con John von Neumann e Harry Lipkin.

Traxectoria miniatura|Carta de Albert Einstein, Bruria Kaufman e outros criticando a Menachem Begin e o seu partido, Herut. Bruria Kaufman naceu en Nova York nunha familia xudía de orixe ucraína. En 1926 a familia emigrou ao mandato británico de Palestina, vivindo primeiro en Tel Aviv e despois en Xerusalén. Os seus principais intereses durante a súa mocidade foron a música e as matemáticas. (requírese subscrición)

Estudou matemáticas e recibiu unha bolsa de ciencia na Universidade Hebrea de Xerusalén en 1938 e un PhD da Universidade de Columbia en 1948. Casou co lingüista Zellig S. Harris en 1941.

En 1960, estableceuse no kibbutz Mishmar Ha'emek e adoptou unha filla, Tami.

Kaufman volveu aos Estados Unidos en 1982. Viviron en Pensilvania, onde daba clases o seu home. El faleceu en 1992 e Kaufman mudouse a Arizona e casou co premio Nobel Willis Eugene Lamb en 1996, aínda que o matrimonio acabou en divorcio. Faleceu en 2010 Carmel Hospital de Haifa, logo dunha estadía nunha casa de repouso en Kiryat Tiv'on, non lonxe de Haifa. Segundo os seus desexos, o seu corpo foi incinerado.

Carreira científica Kaufman foi investigadora asociada no Institute for Advanced Study de Princeton entre 1948 e 1955, onde traballou con John von Neumann (1947-48) e Albert Einstein (1950–1955). Pasou os seguintes anos na Universidade de Pensilvania traballando nun proxecto de lingüística matemática.

Kaufman volveu a Israel en 1960 con Harris e converteuse en profesora do Instituto Weizmann de Ciencia en Rehovot (1960–1971) e despois na Universidade de Haifa (1972–1988).

Publicacións "Crystal Statistics. II. Partition Function Evaluated by Spinor Analysis", Phys. Rev. 76: 1232 (1949). "Crystal Statistics. III. Short-Range Order in a Binary Ising Lattice", Phys. Rev. 76: 1244 (1949), con L. Onsager. "Transition Points", Physical Society Cambridge International Conference on Low Temperatures (1946), con L. Onsager. The Meaning of Relativity with A. Einstein and E. G. Strauss, Princeton University Press (1953). "Algebraic Properties of the Field in the Relativistic Theory of the Asymmetric Field", Annals of Mathematics 59: 230–244 (1954), con A. Einstein. "A New Form of the General Relativistic Field Equations", Annals of Mathematics 62: 128–138 (1955), con A. Einstein. "Mathematical Structure of the Non-symmetric Field Theory", Proceedings of the Fiftieth Anniversary Conference on Relativity 227–238 (1955). "Neighbor Interactions and Symmetric Properties of Polyelectrolytes", Journal of Chemical Physics 27: 1356–1362 (1957), con S. Lifson e H. Lifson. "The Stability of a Rotating Viscous Jet", Applied Mathematics Quarterly 19: 301–308 (1962), con J. Gillis. "Momentum Transfer to Atoms Bound in a Crystal", Annals of Physics 18:249–309 (1962), con H.J. Lipkin. "Unitary Symmetry of Oscillators and the Talmi Transformation", Journal of Mathematical Physics 6: 142–152 (1965), con C.C. Noack. "Special Functions of Mathematical Physics from the Viewpoint of Lie Algebra", Journal of Mathematical Physics 7: 447–457 (1966).

Notas

Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos de Israel Categoría:Estadounidenses de ascendencia ucraína Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América