You é unha serie de televisión estadounidense desenvolvida por Greg Berlanti e Sera Gamble. Producida por Warner Horizon Television, xunto con Alloy Entertainment e A&E Studios, a primeira tempada está baseada na novela epónima de 2008 de Caroline Kepnes, e conta a historia de Joe Goldberg, un mozo de Nova York que rexenta unha libraría (Penn Badgley) que se namora dunha clienta, Guinevere Beck (Elizabeth Lail) e axiña se obsesiona con ela. Nos papeis secundarios aparecen Luca Padovan, Zach Cherry e Shay Mitchell.

A serie estreouse orixinalmente en Lifetime o 9 de setembro de 2018, só nos Estados Unidos, e internacionalmente en Netflix, o 26 de decembro de 2018. Lifetime anunciou que You foi renovada para unha segunda tempada baseada na novela de Kepnes Hidden Bodies. O 3 de decembro de 2018, anunciouse que a segunda tempada da serie sería producida por Netflix como unha "serie orixinal de Netflix".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América