Sheikh Hasina Wazed (en bengalí: শেখ হাসিনা ওয়াজেদ Shekh Hasina Oajed; nada o 28 de setembro de 1947, é unha política de Bangladesh, que foi Primeira ministra do país entre 1996 e 2001 e por segunda vez entre 2009 e 2024. Os seus 20 anos como primeira ministra convértena na persoa que máis tempo ocupou o cargo na historia de Bangladesh. En 2025 foi condenada a morte polos crimes de lesa humanidade cometidos polo seu goberno durante o seu segundo período á fronte do país.
Traxectoria Dende 1981, é a presidenta do importante partido político Liga Awami de Bangladesh. É a maior dos cinco fillos do Sheikh Mujibur Rahman, o primeiro presidente e pai fundador de Bangladesh. A súa carreira política abrangue catro décadas.
Primeira ministra O partido de Sheikh Hasina venceu á alianza de catro partidos encabezada polo BNP nas eleccións parlamentarias do ano 2008, co que se asegurou o seu cargo de primeira ministra. Anteriormente entre os anos 1996 e 2001 Sheikh Hasina xa fora primeira ministra de Bangladesh.
Renuncia En agosto de 2024, após unhas protestas que deixaron máis de 300 mortos, dimitiu do cargo exiliándose na India. En novembro de 2025 foi condenada a morte polos crimes de lesa humanidade cometidos polo seu goberno durante o seu segundo período á fronte do país.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Primeiros ministros de Bangladesh