Traité de numismatique du moyen âge é un traballo acerca das cuñaxes de moeda na Europa da Idade Media escrita polos numismáticos Arthur Engel (1855-1935) e Raymond Serrure (1862-1899), publicado en tres volumes entre 1891 e 1895.Berger Élie. (1905). "Arthur Engel et Raymond Serrure. Traité de numismatique du moyen âge". En Bibliothèque de l'École des chartes. 66. Páxinas 708-711."Medieval European Coinage". Museo Fitzwilliam, Cambridge.
Arthur Engel foi un arqueólogo e numismático, membro da Sociedade Francesa de Numismática e da Sociedade de Anticuarios, e tamén das Escolas Francesas de Roma e de Atenas."Arthur Engel (1855-1935)". Bibliothèque Nationale de France. Raymond Surrure era un comerciante numismático asentado en París cuxos pai e avó xa se dedicaran a esta mesma disciplina."Raymond Serrure (1862-1899)". Bibliothèque Nationale de France.
Esta obra foi a única referencia para o estudo da numismática medieval euroepa ata o inicio do proxecto Medieval European Coinage na Universidade de Cambridge en 1986, que aínda está en desenvolvemento."Medieval European Coinage". En The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
Volumes
(1891). Vol. I. Depuis la chute de L'Empire Romain D'Occident jusqu'a la fin de L'époque carolingienne. París. (1894). Vol II. Depuis la fin de l'epoque carolingienne jusqu'a l'apparition du gros d'argent. París.Blanchet, J. A. (1894). "Reviewed Work: by Arthur Engel, Raymond Serrure". En Revue Archéologique. 25. Páxinas 142-144. (1905). Vol. III. Depuis l'apparition du gros d'argent jusqu'a la création du thaler. París.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Medieval European Coinage
Categoría:Libros de numismática Categoría:Catálogos de numismática Categoría:Moedas da Idade Media