Severino López López, finado na Coruña o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Militante do PCE na Coruña. Foi acusado da colocación dunha bomba no portal da comisaría de policía da Coruña con Eladio Arca Núñez e José Caramés Escariz na folga xeral de maio de 1933.La Voz de Galicia, 11-5-1933, p. 1. Xulgados na Audiencia en agosto, o fiscal retirou as acusacións e foron postos en liberdade.La Voz de Galicia, 6-8-1933, p. 5. Volveu ser detido en xaneiro de 1936 con Niceto San José Aguilera, Tomás Baños Ordóñez, Luís Peña Pérez e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do PCE no que interveu Dolores Ibárruri.Causa instruída contra Tomás Baños Ordóñez, Luis Peña Pérez, Severino López López, Niceto San José Aguilera e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do Partido Comunista no que intervira Dolores Ibarruri "Pasionaria". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. O seu cadáver apareceu no distrito coruñés o 18 de agosto de 1936.

Notas

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1936