Freddy Mamani Silvestre, nado en Catavi, no departamento da Paz o 1 de novembro de 1971, é un enxeñeiro, albanel e arquitecto autodidacta boliviano, recoñecido polo seu traballo coñecido como Nova arquitectura andina ou Arquitectura Transformer, con máis de 60 proxectos construídos na cidade boliviana de El Alto.

Traxectoria Mamani naceu nunha pequena comunidade aimará chamada Catavi, situada no cantón de Konani, no municipio de Sica Sica da provincia de Aroma do departamento de La Paz. Comezou a traballar ós 14 anos como asistente de albanel. En 1986, realizou os seus estudos na Facultade Tecnolóxica de Construcións Civís na Universidade Maior de San Andrés. Logo, cursou a carreira de Enxeñaría Civil na UBI.

É recoñecido a nivel nacional polo seu estilo denominado cholet.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arquitectura neoandina Cholet (arquitectura) Bibliografía La arquitectura de Freddy Mamani Silvestre de Elisabetta Andreoli e Ligia D'Andrea (A Paz: El Alto, 2013)

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Arquitectos de Bolivia Categoría:Bolivianos de ascendencia aimará