Mike McGlinchey, nado o 12 de xaneiro de 1994 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de offensive tackle para os San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Formado na Universidade de Notre Dame, onde foi considerado All-American, foi elixido no noveno lugar da primeira rolda do Draft da NFL de 2018 polos californianos. Na súa primeira temporada na NFL foi seleccionado entre o mellor equipo de rookies pola Pro Football Writers Association (PFWA).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Mike McGlinchey na páxina dos San Francisco 49ers

Categoría:Xogadores dos San Francisco 49ers Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Filadelfia‎‎, Pensilvania