Verpa é un xénero de fungos ascomicetos relacionados coas pantorras. En aspecto lembran estes últimos fungos, polo que pertencen ao grupo denominado "falsas pantorras". O xénero ten cinco especies amplamente distribuídas.

O nome Verpa procede do latín, onde significaba 'erección' ou 'pequeno bastón'.

A análise do ADN ribosómico de moitos fungos Pezizales mostrou que o xénero Verpa está estreitamente relacionado cos xéneros Morchella e Disciotis. Por esta razón os tres xéneros están agora incluídos na familia Morchellaceae.

Especies Entre as especies do xénero salientan:

Verpa bohemica.

Comestible se se prepara adecuadamente. Encóntase en Norteamérica a inicios da primavera, de abril a maio en sitios húmidos, baixo chopos.

Verpa conica.

Comestible se se prepara adecuadamente. Encóntrase en Norteamérica, en hortas, e no leste do Canadá. Verpa digitaliformis. Verpa krombholzii. Verpa speciosa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas California Fungi: Verpa conica Roger's Mushrooms: Verpa bohemica

Categoría:Morchellaceae