Sandra Ínsua Rial, nada en Camariñas en 1976, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Filla de emigrantes da Costa da Morte en Suíza, dende os 14 anos residiu na Ponte do Porto. Licenciada en Dereito, nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira. Continuou como concelleira nas sucesivas eleccións e foi tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde Manuel Valeriano Alonso o 24 de agosto de 2018, foi elixida alcaldesa de Camariñas o 4 de setembro. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura socialista e foi reelixida alcaldesa ó lograla maioría absoluta. Nas municipais de 2023 revalidou a alcaldía de novo con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Camariñas
Ligazóns externas «A sentenza é inxusta, desmesurada para un acto administrativo», entrevista en La Voz de Galicia. "Sandra Insua asume la alcaldía y se postula para liderar el PSOE de Camariñas"
Categoría:Alcaldes de Camariñas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no cantón de Basilea-Campo Categoría:Nados en 1976