Wesley Joel Matthews Jr., nado o 14 de outubro de 1986 en San Antonio, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2009, Matthews xogou cos Utah Jazz a Liga de Verán de Orlando, e cos Sacramento Kings a de Las Vegas. En setembro de 2009, asinou un contrato dun ano cos Jazz.
O 10 de xullo de 2010, Matthews asinou cos Portland Trail Blazers unha oferta por cinco anos e 34 millóns de dólares. O 21 de xullo de 2010, Matthew asinou oficialmente o contrato despois de que os Jazz decidiran non igualar a oferta.
O 9 de xullo de 2015, Matthew asinou un contrato de catro anos cos Dallas Mavericks.
O 31 de xaneiro de 2019, Matthews foi traspasado xunto a DeAndre Jordan, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Kristaps Porziņģis, Trey Burke, Courtney Lee e Tim Hardaway Jr.. O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Knicks.Knicks waive Wesley Matthews, Enes Kanter
O 10 de febreiro de 2019, Matthews asinou cos Indiana Pacers.
O 1 de xuño de 2019, Matthews asinou un contrato dun ano cos Milwaukee Bucks.
O 22 de novembro de 2020, Matthews asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en San Antonio, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks