Kabir ou Kabīr foi un poeta místico e santo indio do século XV, cuxos escritos, segundo algúns estudosos, influenciaron o movemento bhakti do hinduísmo. Os versos de Kabir atópanse na obra Guru Granth Sahib do sikhismo.Kabir Encyclopædia Britannica (2015). Consultado o 27 de xullo de 2015Ronald McGregor (1984), Hindi literature from its beginnings to the nineteenth century, Otto Harrassowitz Verlag, , páxina 47

O nacemento de Kabir permanece arrodeado de misterio e lenda. Dise que foi descendido dende Satlok (Ceo) e colocado sobre unha flor dun lago, onde unha parella non casada decidiu levalo a casa. Kabir non naceu de mulller, senón que descendeu do ceo en forma de bebé. Hai pouca dúbida de que a súa vida comezase como musulmá, pero máis tarde foi influído fortemente polo asceta hindú Ramananda.

Kabir é coñecido por ser crítico tanto co hinduísmo como co islam, afirmando que o primeiro foi guiado mal polos vedas, e cuestionando os seus ritos de iniciación como o upanayana ou a circuncisión, respectivamente. Durante a súa vida foi ameazado por hindús e musulmáns polas súas ideas. Cando faleceu, os hindús e os musulmáns que inspirara reclamárono como un dos seus.

O seu legado sobrevive e continúa a través do Kabir panth ("camiño de Kabir"), comunidade relixiosa que o recoñece como o seu fundador e é unha das seitas de Sant Mat. Os seus membros coñécense como Kabir panthis.David Lorenzen (Editors: Karine Schomer and W. H. McLeod, 1987), The Sants: Studies in a Devotional Tradition of India, Motilal Banarsidass Publishers, , páxinas 281–302

Traxectoria Fiador, tecedor e artesán da India, foi criado por unha parella musulmá sen fillos que o atoparon preto do lago Lahara Tara nas inmediacións de Benarés onde viviu o resto da súa vida. A orixe do seu nacemento está rodeado por unha aura de lenda. Outra versión di que foi o fillo abandonado dunha viúva Brahmin que foi adoptado pola parella musulmá.

A tradición di que casou con Loi e tivo dous fillos, Kamal e Kamali. Disque o emperador Sikandar Lodi, enfurecido porque Kabir non o reverenciaba, o aprisionou e torturou mais que finalmente o liberou pola súa sagacidade e intelixencia.

Segundo algúns, foi iniciado polo asceta do vishnuísmo Ramananda Swami e, aínda que era analfabeto, os seus poemas transmitíronse oralmente. Máis de 500 dos seus versos permanecen no Guru Granth Sahib.

Empregou un método socrático, dirixíndose a todos os seres humanos sen distinción de casta, sexo, raza, relixión ou ocupación enfrontándose cos gobernadores invasores mogois, sabios e sacerdotes hindús do seu tempo.

Predicou a unidade esencial de todas as relixións e foi crítico co hinduísmo e o islam, sobre os seus ritos sen sentido e repetición descoidada de mantras, como di no poema:

Do hinduísmo aceptou as ideas de reencarnación e a lei do karma, mais rexeitou a idolatría, o ascetismo e o sistema de castas. Do islam acolleu o concepto dun único deus e da igualdade de todos os varóns.

Os seus poemas altamente metafóricos aplícanse a unha filosofía universal. Insistiu na simplicidade e franqueza cara á aproximación ao divino; para el, Deus era a manifestación de todo o espiritual e o material e o achegamento cara a Deus o deber e o pracer de todo ser vivo:

Cóntase nunha lenda que aínda se ensina nas escolas indias, que cando morreu, estoupou unha disputa entre musulmáns e hindús que se enfrontaban polo seu cadáver. Cando abriron o cadaleito, estaba baleiro e no seu lugar atoparon un libro en que os dous bandos escribiron todas as máximas que puideron lembrar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bly, Robert (2007, orixinal: 1977), tr. Kabir: Ecstatic Poems. Beacon Press, Charlotte Vaudeville (1957), Kabîr Granthâvalî : (Doha), Charlotte Vaudeville (1993), A Weaver Named Kabir: Selected Verses with a Biographical and Historical Introduction, Oxford University Press, Vinay Dharwadker (2003), Kabir: Weaver's Songs, Penguin Classics, David N. Lorenzen (1991), Kabir Legends and Ananta-Das's Kabir Parachai, State University of New York Press, Dass, Nirmal, tr. Songs of Kabir from the Adi Granth. SUNY Press, 1991. ()

Kabir. Compilation of Kabir's dohas in Devanagari. Kabir ke dohey

Tagore, Rabindranath. Songs of Kabir, Macmillan, Nova York, 1915.

Ligazóns externas Kabir project Cancións de Kabir Poemas de Kabir Poema de Kabir en forma de canto Bhajan

Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Nados en 1440 Categoría:Finados en 1518 Categoría:Poetas Categoría:Filósofos da India