Non confundir con Pérdix.
Perdix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe tres especies de perdices.
Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, os paspallases e os faisáns, pero non con especies subtropicais que adoito reciben o nome de perdices, debido ao seu tamaño e morfoloxía similares.Bao, X. K.; Liu, N. F.; Qu, J. Y. et al. (2010): "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 840–847.
Hai representantes do xénero Perdix na maior parte da Europa e a Asia temperadas.
Un membro do xénero, a charrela, foi introducida nos Estados Unidos e o Canadá con propósito cinexético.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson,Perdix Brisson, 1760 no ITIS. na súa obra Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. París: Bauche.
Etimoloxía O nome do xénero, Perdix, Brisson tomouno do latín perdix, voz derivada do grego antigo πέρδιξ pérdix, que era o nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.perdiz en Etimologías de Chile.
Especies e subespecies miniatura|240px|Lámina de Perdix dauurica, por Joseph Wolf, en Proceedings of the Zoological Society of London, 1863.
Na actualidade recoñécense no xénero tres especies, coas subespecies que se indican:
Xénero Perdix Brisson, 1760 Perdix dauurica (Pallas, 1811) – perdiz daúrica.Perdix dauurica (Pallas, 1811) no ITIS. Perdix dauurica dauurica (Pallas, 1811) Perdix dauurica suschkini Poliakov, 1915 Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) – perdiz tibetana.Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) no ITIS. Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926 Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857) Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876 Perdix perdix (Linnaeus, 1758) – charrela ou perdiz charrela.Perdix perdix (Linnaeus, 1758) no ITIS. Perdix perdix armoricana Hartert, 1917 Perdix perdix canescens Buturlin, 1906 Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892 Perdix perdix italica Hartert, 1917 Perdix perdix lucida (Altum, 1894) Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758) Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883 Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894)
Características miniatura|240px|Lámina de Perdix hodgsoniae, por John Gould, en The birds of Asia (1850-1883). Son aves non migratorias que habitan en campos abertos e en estepas, aínda que hoxe en día están máis asociadas ás terras agrícolas. Trátanse de perdices de tamaño mediano, con picos e patas de cor apagado (en contraste co vermello das do xénero Alectoris), coa plumaxe das partes superiores de cor parda con raias, e colas algo avermelladas; as tres especies presentan unha rechamante gran mancha parda escura, case negra ás veces, na plumaxe da rexión abdominal. Ningún dos dous sexos teñen esporóns nas patas, e o único dimorfismo sexual que presentan é que a cor plumaxe e das femias tende a ser máis apagada que a dos machos. O niño é unha lixeira escavación no solo ou na cuberta vexetal. Aliméntanse dunha gran variedade de sementes e algúns insectos completan a súa dieta.
As perdices charrelas e as daúricas están moi estreitamente relacionadas e teñen unha aparencia similar, e forman unha superespecie. A perdiz tibetana ten un rechamante patrón de cara en branco e negro, a peituga negra e 16 plumas na cola, en lugar das 18 das outras especies. Ningunha das especies está ameazada a nivel global, pero as dúas perdices máis xeneralizadas (a charrela e a daúrica) son cazadas en exceso nalgunhas partes da súa área de distribución. Ademais, a charrela foi gravemente afectada polos cambios agrícolas, e a súa área reduciuse considerabelmente.
En Galicia Das tres especies só unha está presente en Galicia, a charrela, onde é pouco común (estando ademais en regresión), pero que aínda se pode encontrar, a altitudes a partir dos 1 200 msnm nos Ancares e o Courel.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos Perdices
Ligazóns externas Perdix na ADW. Perdix Brisson 1760 na EOL.
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de Asia