Na mitoloxía grega, Perdix (en grego antigo, Πέρδιξ) foi un rapaz ateniense, fillo de Policasta, irmá do arquitecto Dédalo, de quen foi discípulo. Tamén se lle coñece por Talos Graves, px. 342; Grimall, s.v. Talos. (ou Calos), ou Talo Pseudo-Apolodoro III, 15.8; Grimal, s.v. Idomeneo.. Pero tamén se di que este Talos foi o pai de Hefesto, froito das relacións coa deusa Hera Graves, px. 61.. miniatura|Atenea transforma a Perdix nunha ave Algúns mitógrafos, como Pseudo-Apolodoro dan o nome de Pérdice ou Perdix á nai e reservan o de Talo para o fillo Pseudo-Apolodoro, III, 15.8.. Hixino dá o nome de Perdiz ó rapaz nas fábulas 39 e 244, e de Perdix na fábula 274. Ovidio, nas súas Metamorfoses, tamén o denomina Perdiz (Ovidio VIII).
A lenda
A lenda conta que Policasta confiou o seu fillo, como aprendiz, ó seu irmán Dédalo, arquitecto de sona e inventor, o que construíra para o rei Minos o labirinto onde recluíron a Minotauro.
Dédalo acolleuno como discípulo no seu taller e o rapaz demostrou axiña as súas capacidades, o que resultaría fatal para el. Dise que Perdix atopou un día unha mandíbula de serpe, segundo uns mitógrafos, ou a espiña dun peixe, segundo outros, e axiña comprendeu que con tal obxecto podía cortarse un pau fino. Así, construíndoo a maior tamaño en ferro, inventou a serra. Tamén foi quen de inventar o formón, a roda de olaría e o compás, o que lle permitía trazar círculos perfectos.
As súas habilidades pronto provocaron os celos de Dédalo, que vía que podía ser desprazado entre os atenienses, polo que decidiu desfacerse de tan incómodo aprendiz Pero outra versión asegura que a razón de que Dédalo matara a Talos estivo nas relacións incestuosas que este mantiña coa súa nai, Policasta.. Levouno consigo á Acrópole de Atenas, subiron ata o tellado do templo de Atenea e, nun descoido, botouno do templo abaixo. Logo recolleu o corpo nun saco para enterralo en segredo, escusándose ante os que o vían cargar co saco dicindo que recollera unha serpe morta. Pero o sangue que deitaba o saco delatouno e foi detido e xulgado no Areópago, que o condenou ó desterro Pseudo-Apolodoro, III, 15.8.
A deusa Atenea, que favorecía o enxeño, viuno caer e cambiou o seu destino transformado a súa alma nunha perdiz, ave que tomou o seu nome.
Esta ave caracterízase por non voar demasiado alto nin facer os niños nas árbores altas: voa sempre próxima ó chan e aniña nas sebes, porque a caída cando era humano meteulle o medo ás alturas. A lenda engade que cando Dédalo enterraba ó seu fillo Ícaro, unha perdiz cantaba e aleteaba alegre ó seu carón Ovidio, VIII. 236-259.. Policasta suicidouse cando soubo que lle morrera o fillo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Graves, Robert: Los mitos griegos. Ed. Gredos, 2019, especialmente 341 a 349. Grimal, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1ª ed. 1981, 7ª impresión 2017. Hixino: Fábulas mitológicas. Alianza editorial, 2009, especialmente fábula 39. Ovidio: Metamorfosis. Alianza editorial 1ª ed. 1995, 2ª reimpr. 2017. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Alianza editorial 3ª ed. 2016.
Outros artigos Dédalo Perdices
Ligazóns externas Texto español en Wikisource. texto en latín en Wikisource; vee os vv. 235 - 258. Sobre Perdix, no sitio Iconos, da Cátedra de Iconografía e Iconoloxía do Departamento de Historia da Arte da Facultade de Ciencias Humanas da Universidade de Roma "La Sapienza" . Iconografía e referencias, no mesmo sitio. Perdix, no Proxecto Perseus.
Categoría:Homes na mitoloxía grega