Black Mirror: Bandersnatch é un filme interactivo de 2018 dirixido por David Slade. Trátase dun suspense psicolóxico da serie antolóxica Black Mirror. Escribiuno o creador da serie Charlie Brooker, e Netflix estreouno internacionalmente o 28 de decembro de 2018. Características
En Bandersnatch, os espectadores poden tomar decisións polo personaxe principal, o mozo programador de videoxogos Stefan Butler (Fionn Whitehead) que está a adaptar unha novela de fantasía do estilo "escolle a túa propia aventura". Outros personaxes inclúen a Mohan Thakur (Asim Chaudhry) e Colin Ritman (Will Poulter), ámbolos dous traballando na compañía de videoxogos, o pai de Butler, Peter (Craig Parkinson) e a terapeuta de Butler, a doutora Haynes (Alice Lowe). O filme baséase no videoxogo homónimo de Imagine Software que non puido estrearse por mor da bancarrota da compañía. Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por David Slade Categoría:Filmes sobre informática Categoría:Filmes ambientados en 1984 Categoría:Filmes de Netflix