Guacimara é o nome dunha muller guanche, filla do rei ou mencey de Anaga á chegada dos conquistadores europeos a finais do século xv.

Aparece por primeira vez como personaxe do poema épico Antigüedades de las Islas Afortunadas de Antonio de Viana, publicado en 1604, de quen o copian autores posteriores como Tomás Arias Marín de Cubas ou José de Viera y Clavijo, polo que a súa existencia histórica non está confirmada.

Polo que respecta ó nome Guacimara, os historiadores modernos opinan que é outra das invencións de Viana para nomear ós seus personaxes aborixes. Porén, tamén indican que o termo si podería ser de procedencia guanche, sendo traducido por algúns autores como 'o forte, poderoso, capaz'.

Notas

Categoría:Conquista das Illas Canarias