Donatella Di Pietrantonio, nada en Arsita (provincia de Teramo) o 5 de xaneiro de 1962, é unha escritora italiana. Traxectoria
Estudou Odontoloxía na Università degli studi dell'Aquila, onde se licenciou en 1986. Despois exerceu como dentista pedriática en Penne, na provincia de Pescara.
En 2011 publicou a súa primeira novela, Mia madre è un fiume, ambientada na súa terra natal. Tamén nese ano publicou o relato Lo sfregio na revista Granta Italia de Rizzoli. En 2013 publicou a súa segunda novela, Bella mia. Ambientada en L'Aquila e influenciada pola terremoto de L'Aquila de 2009, céntrase na perda e a elaboración do loito,. A obra foi candidata ao Premio Strega e gañou o Premio Brancati en 2014.
En 2017 publicou a súa terceira novela, L'Arminuta ("A Retornada" no dialecto abruzo), ambientada tamén nos Abruzos. O libro explora o tema da relación nai-filla nos seus aspectos máis anómalos e patolóxicos..
Obra Novelas Mia madre è un fiume (Elliot Edizioni, 2011) ISBN 978-88-6192-161-0 Bella mia (Elliot Edizioni, 2013) ISBN 978-88-6192-434-5 L'Arminuta (Einaudi, 2017) ISBN 978-88-584-2485-8
Contos "Lo sfregio", Granta Italia nº. 2, Rizzoli, 2011
Artigos "Le case delle bambole non devono crollare", Il Corriere della Sera, 2011 "Abbottonati all'ingresso", Nuovi Argomenti n. 56, 2011 "La cena della neve", Il Centro, 2012 "Storie di montagna", Il Corriere della Sera, 2012 "A cena per conoscersi", Il Corriere della Sera, 2015 Premios e recoñecementos Premio Letterario Tropea 2011. Premio Brancati 2014 por Bella mia. Premio Campiello 2017 per L'Arminuta .
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na provincia de Teramo Categoría:Médicos de Italia Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana