Gustavo Francisco Petro Urrego, nado en Ciénaga de Oro, Córdoba, o 19 de abril de 1960, é un político e economista colombiano, exmilitante do M-19, exsenador da República e actual presidente de Colombia. Derrotou a Rodolfo Hernández Suárez na segunda volta das eleccións presidenciais o 19 de xuño de 2022. Petro é o primeiro candidato que se identifica a si mesmo como esquerdista en ser elixido presidente de Colombia.
Dende mozo viviu en Zipaquirá, Cundinamarca e nesta cidade ocupou diversos cargos públicos. Na súa mocidade foi parte do Movemento 19 de abril co cal proclamaron a Constitución Política de Colombia 1991. Foi Senador da República polo Polo Democrático Alternativo (PDA), cargo ó que accedeu nas eleccións de 2006. En 2009 renunciou ó seu cargo para aspirar á Presidencia de Colombia nas eleccións de 2010 en representación da mesma colectividade. Foi Alcalde de Bogotá entre 2012 e 2015.
Notas
Categoría:Alcaldes de Bogotá Categoría:Nados en 1960 Categoría:Presidentes de Colombia Categoría:Colombianos de ascendencia italiana Categoría:Senadores de Colombia Categoría:Políticos de Colombia Humana Categoría:Membros da Cámara de Representantes de Colombia