Santiago de la Iglesia Santos, nado en Santiago de Compostela o 12 de outubro de 1851 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1931,El Correo Gallego, 10-11-1931, p. 1. foi un médico e naturalista galego.

Traxectoria miniatura|page=157|Conferencia de Santiago de la Iglesia no Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905. Fillo do mestre e escritor Francisco María de la Iglesia. Ao pouco de nacer a súa familia trasladouse á Coruña onde estudou o bacharelato (1862-1868). Tendo como mestre ao profesor de Historia natural Víctor López Seoane. Fixo a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela que rematou en 1873. Iniciou o traballo de médico na Coruña, traballando co médico Ramón Pérez Costales. En 1874 exerceu de médico en Serantes (actualmente parte do concello de Ferrol). Fixo o doutoramento en Santiago. En Ferrol, xunto á consulta, impartiu clases de física e química no colexio particular do que era titular o seu irmán Alfredo e na Escola de Artes e Oficios. Foi redactor do Diario Ferrolano. Sucedeu a Francisco Suárez na xefatura republicana en Ferrol. Foi deputado a Cortes polo Partido Republicano, tenente de alcalde, masón, impulsor do Centro Obrero de Cultura e presidente da sección de Ciencias do Ateneo Ferrolán. En 1914 accedeu á dirección do Laboratorio municipal de Ferrol e deixou de exercer a medicina.

Doou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela e a súa colección arqueolóxica: vasos campaniformes, torques, machados de bronce, puntas de frecha de cobre etc. Foi o primeiro en atopar un vaso campaniforme en Galicia nunha escavación nas Pontes de García Rodríguez.

Foi membro da Sociedade Española de Historia Natural.

Recoñecementos A cidade da Coruña ten unha rúa co seu nome, que mantivo durante o franquismo.

Vida persoal

Os seus irmáns Álvaro e Alfredo foron escritores.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Masóns de Galicia

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos