Manuel Porto Verdura, nado en Parafita (Nigoi, A Estrada) o 21 de decembro de 1876 e finado na Habana en 1937, foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria Aos 16 anos emigrou a Cuba. Traballou como vendedor de periódicos e despois como empregado nunha fábrica de vasoiras. Despois fundou o seu propio negocio co nome El Águila de Nigoi, dedicándose á fabricación de vasoiras e cepillos. Investiu parte da súa fortuna na construción de edificiós singulares na vila da Estrada e intentou construír un hotel. A partir de 1934 foi o propietario de case todas as empresas eléctricas que prestaban servizo na Estrada e as parroquias da súa contorna. Foi presidente do Centro de Emigrados da Estrada.El Emigrado, 16-1-1933, p. 2.
Recoñecementos
En 1931 o concello da Estrada dedicoulle unha rúa (a antiga rúa Riestra).El Emigrado, 31-10-1931, p. 2. No franquismo a rúa foi designada como Calvo Sotelo, denominación que aínda perdura. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos