Thekla (Tekla) Johanna Virginia Hultin, nada en Jaakkima (Rusia) o 18 de abril de 1864 e finada en Helsinqui o 31 de marzo de 1943, foi unha política e xornalista finesa, a primeira muller en obter un doutoramento no seu país. Foi deputada do Partido Fennoman Constitucional na Dieta de Finlandia, xornalista e militante feminista. Ata a independencia de Finlandia, mostrouse contraria ás políticas de rusificación promovidas polas autoridades rusas e en contra da influencia sueca.
Traxectoria Primeiros anos Tekla Hultin foi unha das cinco fillas nadas do matrimonio formado por Julius Hultin e Katarina Sivander. Tekla estudou en escolas privadas para nenas, primeiro en Sortavala entre 1874 e 1878, e despois en Hamina entre 1878 e 1881. Entre 1883 e 1885 estudou na Escola Finlandesa de Helsinqui (en ) En 1886 ingresou na Universidade Imperial Alexandre, hoxe coñecida como Universidade de Helsinqui, onde obtivo a súa licenciatura en filosofía en 1891, o máster de filosofía en 1894 e defendeu o seu doutoramento en filosofía o 11 de decembro de 1896, converténdose na primeira muller en obter un doutoramento no Gran Ducado de Finlandia.
Os seus primeiros traballos estiveron relacionados co mundo do periodismo e coa ensinanza. Mentres cursaba os seus estudos universitarios, Tekla traballou como redactora do xornal Helsingin Sanomat. Tamén traballou como mestra en Hämeenlinna nunha escola para nenas.
Actividade política Entre 1901 e 1904 foi a secretaria do comité central da comisión industrial de finlandesa..
En 1907 foi unha das candidatas do Partido Fennoman Constitucional ao Parlamento de Finlandia, aínda que non saíu escollida. A súa entrada no parlamento finlandés tivo tras as eleccións xerais de 1908, cando Tekla foi elixida deputada polo distrito occidental da provincia de Vyborg.
Entre 1924 e 1930 foi membro do Concello de Helsinqui.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Políticos de Finlandia Categoría:Xornalistas de Finlandia Categoría:Feministas de Finlandia