O topónimo galego-portugués Lamadarcos, Lama d'Arcos ou Lama de Arcos pódese referir a:

Lamadarcos, antiga parroquia galega do concello de Verín, anexada a Portugal en 1868 (ó entrar en vigor o Tratado de Lisboa de 1864); Lamadarcos, freguesía portuguesa do concello de Chaves, que absorbeu a anterior parroquia en dito ano; Lamadarcos, lugar de dita freguesía, considerado un dos tres pobos promiscuos até dito ano ó estar situado entre ámbalas parroquias, na fronteira entre Galiza e Portugal.