O voo 241 de Air Vanuatu era un servizo doméstico regular dende o aeroporto de Whitegrass en Tanna e o aeroporto internacional Bauerfield de Port Vila. O día 28 de xullo de 2018 o ATR 72 que operaba a ruta, con rexistro YJ-AV71, sufriu un incendio nun motor no aire. Na aterraxe en Port Vila o avión saíuse da pista e chocou contra dous Britten-Norman Islander, esnaquizando un e danando gravemente o outro. 13 dos 43 ocupantes do voo recibiron feridas leves.

Avións e tripulación Os avións inplicados no accidente foron:

Un ATR 72 de Air Vanuatu, con rexistro YJ-AV71 e número de serie 720. O aparello voara por vez primeiro o 6 de xuño de 2005. No momento do accidente tiña acumulados 19 887 horas e 39 minutos de voo. Un Britten-Norman Islander de Unity Airlines, con rexistro YJ-OO9 e número de serie 65. O avión voara por primeira vez o 11 de abril de 1969. Un Britten-Norman Islander de Air Taxi, con rexistro YJ-AL2 e número de serie 609. Voara por vez primeira en 1971. A tripulación de voo do ATR estaba formada por:

Capitán: un francés de 34 anos que, no momento do accidente, acumulaba un total de 7 205 horas de voo, das cales 3 870 eran no ATR-72. Copiloto: un home de 27 anos de Vanuatu que, no momento do accidente, tiña 1 629 horas de voo, das que tan só 55 eran no ATR-72.

Notas

Air Vanuatu 0241 Air Vanuatu Air Vanuatu Air Vanuatu