Cando menos o esperas (en ) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
O filme recibiu críticas maioritariamente positivas e foi un éxito nos portelos de América do Norte, recadando máis de 266 millóns de dólares en todo o mundo. Pola súa interpretación, Keaton gañou un Globo de Ouro, un Satellite, así como un nomeamento ós Premios Oscar e ó SAG á mellor actriz, entre outros recoñecementos. Nicholson tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro ó mellor actor en comedia ou musical. Este foi o segundo filme de Nicholson e Keaton xuntos dende Reds en 1981.
Personaxes Jack Nicholson como Harry Sanborn Diane Keaton como Erica Barry Keanu Reeves como Julian Mercer Amanda Peet como Marin Klein Frances McDormand como Zoe Jon Favreau como Leo Paul Michael Glaser como Dave Klein Rachel Ticotin como Dr. Martinez KaDee Strickland como Kristen Peter Spears como Danny Benjamin
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Nancy Meyers Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego