Jesús Chouza Figueiras, coñecido como Gorrión, nado en Carnota cara a 1884 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria miniatura|Oficio do 8 de xullo de 1936 do Coronel-Gobernador Militar da Coruña ao xuíz permanente, relativo aos despois chamados Mártires de Brens. Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Cee. Militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Cee en 1936 e terceiro tenente de alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Punta Herminia o 9 de decembro de 1936.
Vida persoal
Casou con Victorina Gómez e tivo nove fillos.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Mártires de Brens
Categoría:Concelleiros de Cee Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Carnota Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1884 Categoría:Fusilados